Comparte!

Participación nas ‘Xornadas galegas sobre empresas de inserción’ organizadas por AIEGA

 

ÍndiceO 23 de novembro tiveron lugar en Santiago asXornadas galegas sobre empresas de inserción” organizadas pola Asociación de Empresas de Inserción (AEIGA) na que interveu o director de EAPN-Galicia, Santiago González Avión. O relatorio levaba por título “Os itinerarios de inserción e integración socio-laboral como alternativa nun momento de crise económica”.

Comezou facendo referencia á crise económica, centrando a súa intervención nas “cuestións que suscita a crise ao redor dos nosos proxectos, que en último termo son a consecución dunha sociedade máis xusta e máis humana”.

Dentro dás referencias aos colectivos con dificultades, que son os que a nós nos ocupan, destacou a importancia de “aproveitar os tempos de bonanza económica para xerar un sistema de protección social moito menos familista”. Ademais, prestou especial atención á situación dos inmigrantes que “viñeron para contribuír á expansión económica e que agora son culpabilizados pola falta de traballo e a precariedade dos recursos públicos”.

Definiu inserción socio laboral como “permanencia activa no mercado laboral durante un período prolongado de tempo, non inferior a seis meses continuados nun ano ou a un ano discontinuado en dous anos” e sinalou que “falamos de inserción socio-laboral porque as principais dificultades para lograr a inserción laboral son de índole social”.

En relación cos itinerarios, houbo un aspecto de especial importancia xa que marcou a “óptica” desde a que se debería analizar a inserción socio-laboral, e é que “as persoas teñen en si as capacidades para resolver os seus problemas. Só fai falta que aprendan a ler a súa realidade de forma correcta e a darlle as respostas acordes con esas capacidades”.

Como conclusión destaca unha frase mencionada ao termo do relatorio “o traballo en itinerarios de inserción socio-laboral, coas súas limitacións, é unha das formas actuais de facer presente, de forma incipiente, fráxil e sinxela, esa utopía á que aspiramos”.

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies