OBXECTIVOS
Entre os nosos obxectivos destacan:
- Facilitar os fluxos de información entre as organizacións do terceiro sector e contribuír á formación dos seus diversos axentes.
- Contribuír a analizar a realidade da pobreza e a exclusión social e reflexionar sobre as súas causas e sobre as propostas para a incidencia das mesmas, promovendo estudos e investigacións, así como xornadas, seminarios e foros de reflexión e análise.
- Incidir nas políticas sociais desenvolvidas en Galicia, dende o ámbito europeo e estatal ata o local, con especial incidencia nas políticas deseñadas e executadas pola Xunta de Galicia.
- Potenciar a transparencia e mellora da xestión do sector, desenvolvendo unha estratexia de calidade e responsabilidade das organizacións, así como recompilando e transferindo as boas prácticas identificadas.
- Sensibilizar ao conxunto da sociedade e corresponsabilizar aos axentes clave, en particular Administracións Públicas e empresas, sobre as cuestións relativas á inclusión social a través de diferentes iniciativas, como a responsabilidade social corporativa.