EAPN Galicia lanza a campaña “As persoas primeiro”, para que as formacións políticas inclúan no debate electoral a situación de pobreza de 700.000 galegos e galegas.
Baixo a etiqueta #PobrezaGalicia e o lema “Compromisos, Coordinación, Causas e Dialogo Civil contra a pobreza e pola inclusión social” presenta unha webna que ademais de difundir as demandas do Terceiro Sector Social galego, se comparan as propostas das distintas opcións políticas e se fornece á cidadanía de información sobre a exclusión.
A campaña “As persoas primeiro” e o seu lema “Compromisos, Coordinación, Causas e Dialogo Civil contra a pobreza e pola inclusión social” pide aos partidos políticos que a loita contra a pobreza e a exclusión social sexa eixo fundamental do debate nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016.
Mediante esta campaña e baixo a etiqueta #PobrezaGalicia, dende a Rede Galega de Loita contra a Pobreza reclamamos que as formacións políticas que concorren ás eleccións contemplen nos seus programas medidas firmes que consideramos perfectamente asumibles. “Resulta imprescindible que se aseguren compromisos firmes e resultados urxentes na mellora da calidade de vida das persoas, para os case 700.000 galegos e galegas en risco de pobreza ou exclusión social (25,7%) e en especial para as 115.000 con carencias materiais severas (4,2%)”, afirmou o presidente de EAPN Galicia, Antonio Hernández, na presentación da campaña.
A idea é dar a coñecer as demandas das persoas e organizacións que están a loitar polos dereitos sociais na nosa comunidade, comparar programas electorais antes de ir votar e presionar as diferentes candidaturas para que se comprometan con catro principios imprescindibles para a erradicación desta lacra, resumidos dentro das chamadas ‘4C’:
Contra as Causas da pobreza. Asegurando a igualdade de dereitos para todas as persoas e a inclusión social activa alonxada do asistencialismo.
Compromiso en orzamentos e planificación a medio e longo prazo.
Coordinación política e técnica entre as administracións e coas organizacións especializadas.
Dialogo Civil. Recoñecemento lexislativo e marco estable de financiamento do Terceiro Sector de Acción Social como alicerce do sistema público de servizos sociais
Unha web sobre a Galicia que importa
A campaña inclúe xuntanzas públicas coas formacións políticas, así como a divulgación dun decálogo no que se resumen as medidas que consideran urxente adoptar e a posta á disposición das votantes unha web específica na que poidan acceder aos contidos da campaña; ao decálogo; ás 50 demandas concretas que a rede reclama das formacións políticas; e máis aos datos da Comunidade no tocante á pobreza, desigualdade, emprego e exclusión social. ter unha visión global e comparativa das propostas que as formacións que concorren ás Eleccións contemplan nos seus programas electorais.
Entre estas medidas urxentes áchase a redución dun 50% das persoas en situación de privación material severa; igualdade de dereitos; apoio á infancia e a mocidade; estratexias de formación e inclusión laboral; emprego digno; erradicación do “curtopracismo” da acción política; inclusión activa e non asistencialista; transparencia; ou aprobación da Lei do Terceiro Sector Social
Comparte!EAPN Galicia puxo en marcha un concurso de fotografía co obxectivo de amosar a realidade da exclusión residencial en Galicia, dentro da campaña #EmerxenciaVivenda As fotografías mais valoradas formarán parte da exposición itinerante para reclamar a Xunta e concellos vivendas dignas e accesibles que se presentará no Día da Xustiza Social (20 de febreiro) O…
Comparte!Arranca en Galicia o proxecto “Detección e mobilización das persoas elixibles para o Ingreso Mínimo Vital en situación de Non take-up”. O obxectivo é identificar as barreiras polas que as persoas que teñen dereito ao Ingreso Mínimo Vital non o están obtendo. No 2023 o Grupo de Inclusión de EAPN Galicia traballará nas propostas para…
Comparte!EAPN Galicia pon en marcha un concurso de fotografía co obxectivo de amosar a realidade da exclusión residencial en Galicia, dentro da campaña #EmerxenciaVivenda. O prazo está aberto ata o 18 de decembro e calquera persoa maior de 18 anos pode participar. A Rede Europea Contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN – Galicia),…
Comparte!AEIGA, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, xa é membro de EAPN Galicia, aumentando as posiblidades de inserción sociolaboral de persoas en pobreza ou exclusión social O 7 de Xullo na Asamblea de EAPN Galicia foi aprobada por unanimidade a entrada de AEIGA, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia como novo membro da…
Comparte!O informe ‘Estado da pobreza en Galicia 2022 revela que 678.000 persoas, o 25,2% da poboación galega, estaba en risco de pobreza ou exclusión social (AROPE) no 2021, 4.000 menos que o ano anterior. Os datos reflicten o impacto da pandemia polo COVID 19 pero tamén o relativo éxito das medidas de choque contra a…
Comparte!EAPN Galicia lanza unha oferta laboral de 3 contratos dun ano de duración para o desenvolvemento dun programa de apoio a persoas en pobreza con dereito ao Ingreso Mínimo Vital pero que aínda non o solicitaron (Non take up) En todo o estado estase a observar que unha boa parte das persoas ás que…
Comparte!Nesta xornada organizada polo Instituto Galego do Consumo e a Competencia e EAPN Galicia pretendiuse dar claves ás profesionais de entidades do Terceiro Sector diante das entidades bancarias ou financeiras: apertura de contas de pago básicas, comisións bancarias abusivas, sobreendebedamento, etcétera. Esta actuación enmarcouse na campaña #AporofobiaBancaria contra a exclusión financeira coa que se pretende…
Comparte!EAPN Galicia busca unha persoa para apoiar ás iniciativas e propostas de incidencia política para a inclusión de persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión social; así como na investigación, recollida e comunicación de boas prácticas de inserción sociolaboral e axudar a dinamizar e apoiar ás entidades membro da rede.. Buscamos a unha…
Comparte!Por primeira vez en Galicia, 14 entidades do Terceiro Sector de Acción Social, coordinadas por EAPN Galicia, están a desenvolver de forma conxunta un programa para o fomento da empregabilidade e a inclusión sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusion social. Desenvolverase entre 2022 e 2023 e está dirixido a case 400 persoas…
Comparte!Mais de 128.000 persoas recibiron estas máscaras cedidas polo Ministerio de Sanidade a través da Delegación do Goberno en Galicia grazas á intermediación directa de 35 entidades do Terceiro Sector Social membro das redes EAPN. EAPN Galicia-Rede Europea contra a Pobreza, en coordinación con EAPN España rematou de repartir entre as entidades de acción social…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario