Máis de 250 persoas finalizaron o seu itinerario durante o 2022, no marco do programa de emprego coordinado por EAPN Galicia

0 256
Comparte!
As 14 entidades que desenvolven o programa validan a metodoloxía de intervención e poñen en valor a importancia do traballo en rede
Neste programa piloto participaron 292 persoas en situación ou risco de exclusión social, que viron mellorada a súa empregabilidade, e unha cifra significativa delas accederon a un emprego

No ano 2022, 14 entidades membro de EAPN Galicia comezamos un programa para o fomento da empregabilidade e a inclusión sociolaboral de persoas en situación ou risco de vulnerabilidade, froito da colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e EAPN Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia impulsado pola Unión Europea e o Ministerio de Trabajo y Economía Social.

 

A análise dos resultados deste primeiro ano amosa a validación da metodoloxía de traballo utilizada, en tanto que reverteu na mellora da empregabilidade e no empoderamento das persoas participantes no programa.

As accións desenvolvéronse de forma tanto individual como grupal, en función das necesidades e dispoñibilidade de cada participante. A intervención personalizada e mais a realización de accións grupais teñen demostrado a súa efectividade para a activación laboral.

Todas as persoas participantes melloraron, en maior ou menor medida, a súa empregabilidade. A maior parte das que remataron o itinerario obtiveron unha ou varias titulacións de formación ocupacional que lles permitiron acceder a un traballo ou o facilitará no futuro. Así mesmo, a formación recibida redundou no autocoñecemento das participantes, ao servirlles para ter máis claras as súas potencialidades, limitacións e preferencias.

En todos os casos, como resultado do itinerario, vemos unha importante elevación do seu auto concepto e autoestima, maior motivación para a procura de emprego e a activación laboral. O traballo das persoas participantes, co apoio do persoal técnico xerou diversas ferramentas que contribuíron ao seu empoderamento e autosuficiencia, facilitándolles saír da situación de exclusión na que se atopan.

No marco deste proxecto, estamos a realizar unha investigación sobre as boas prácticas nos programas de inserción sociolaboral dirixidos a persoas en situación ou risco de exclusión, que transmitiremos á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a mellor abordaxe futura no tratamento da súa inserción sociolaboral. Pódese acceder a algúns avances do traballo nesta ligazón:

EAPN Galicia recolle boas prácticas e demandas para a mellora das políticas de inserción sociolaboral

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies