Presentamos a Guía de estilo:Pobreza, vulnerabilidad y voluntariado en el VI Seminario de Periodismo Social y Cooperación Internacional.

29.04.2016| Apagado Comments off on Presentamos a Guía de estilo:Pobreza, vulnerabilidad y voluntariado en el VI Seminario de Periodismo Social y Cooperación Internacional.|
O coordinador do Grupo de Comunicación de EAPN Galicia presentou a guía na Facultade de Ciencias da comunicación da USC no seminario organizado a través de AGARESO e Asamblea de Cooperación por la Paz (ACPP)

 

O obxectivo da xornada é capacitar a xornalistas e futuros xornalistas na comunicación para o cambio social, contribuíndo no seu labor de erradicar prexuízos e favorecer a inclusión.
David Otero, responsable de comunicación en FAGAL, entidade membro de EAPN Galicia, e coordinador do noso Grupo de Comunicación presentou a Guía de estilo:Pobreza, vulnerabilidad y voluntariado.

Na foto: David Otero no VI Seminario de Xornalismo social e Cooperación Internacional.

Na foto: David Otero no VI Seminario de Xornalismo social e Cooperación Internacional.

Este documento foi creado como unha ferramenta de consulta rápida para que profesionais da comunicación en medios ou ONG ofrezan unha información de calidade sobre as persoas vulnerables e en situación de pobreza.

É unha guía sinxela que está pensada para recorrer a ela e solucionar dúbidas puntuais como: Que son a pobreza, a exclusión ou a desigualdade? Cómo se miden?. En que consisten os indicadores principais (AROPE, Taxa risco pobreza, indice GINI…) Tamén tenta facilitar prácticas e xeitos de qué comunicar e qué non neste eido.

 
Aquí podes consultar tanto esta Guía como o Código de conduta na comunicación da pobreza e da exclusión social asumido por unanimidade de todas as organizacións membro de EPAN Galicia.

Compartir nas redes