Que é EAPN Galicia
A Rede Europea contra a Pobreza é unha entidade non lucrativa e de acción social que agrupa a entidades autonómicas do Terceiro Sector implicadas na loita contra a pobreza, a exclusión e a desigualdade social e de xénero.
EAPN Galicia nace en setembro de 2008 como resposta natural á necesidade de crear unha ferramenta de intervención social capaz de elaborar estratexias que incidan nas políticas sociais desenvolvidas en Galicia. Traballa dende un enfoque de dereitos, pola defensa dos intereses das persoas en situación ou risco de pobreza. Favorece a participación comunitaria plena, mediante a incidencia política e social propositiva.
Na actualidade, está constituída por 160 ONG a través de 36 entidades membro representativas de colectivos vulnerables, que unen en rede os seus esforzos para acadar sinerxías e crear unha plataforma que denuncie as desigualdades sociais, que canalice e dea voz ás demandas do sector para a súa introdución na axenda política.
EAPN-Galicia forma parte tamén da European Anti Poverty Network, Rede no nivel europeo que leva traballando de modo independente dende 1990, e está integrada en EAPN España.
Inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais
EAPN-Galicia: Quen Somos 2013
A Xunta directiva de EAPN-Galicia está composta por:
Misión y visión
No Plan Estratéxico 2022-2025 establécese que EAPN-Galicia é unha organización non lucrativa, que reúne ás entidades do Terceiro Sector de Acción Social implicadas na loita contra a pobreza, a exclusión e a desigualdade social e de xénero. Que traballa polas mesmas causas, desde un enfoque de dereitos pola defensa dos intereses das persoas en situación ou risco de pobreza e da súa participación comunitaria plena, mediante a incidencia política e social propositiva.
A Rede Europea Contra a Pobreza pretende contribuir ao proceso de articulación do Terceiro Sector Social en Galicia, traballando por causas comúns das entidades, e ter capacidade de incidencia política e social para a erradicación da pobreza e a exclusión social desde un enfoque de dereitos.
EAPN-Galicia subscribe como fundamentos do seu propósito a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a Convención sobre os dereitos do neno, e a Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade, así como os dereitos recoñecidos na Constitución Española e no Estatuto de Autonomía de Galicia. Os retos que se queren afrontar atópanse aliñados coa Axenda 2030 e os seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, en especial os ODS1: FIN DA POBREZA e entendendo que o incumprimento do dereito ao acceso á unha vivenda digna, axeitada e accesible é unha das principais causas que impiden a loita efectiva contra a pobreza e a exclusión social en Galicia, o ODS 11: CIUDADES Y COMUNIDADES SOSTENIBLES no que se establece como meta principal no 2030 “asegurar o acceso de todas as persoas a vivendas e servizos básicos axeitados, seguros e adsequibles e mellorar os barrios marxinais”.
Valores
Asume especialmente os seguintes principios e valores:
Obxectivos
Entre os nosos obxectivos destacan:
Plan Estratéxico 2022 2025




