Incidencia política

En coherencia coas liñas estratéxicas de actuación que EAPN-Galicia ten establecidas, neste apartado recóllense as principais actividades e actuacións que realizamos como representantes do terceiro sector de acción social galego:

Cláusulas Sociais

A Sociedade Civil e o Terceiro Sector de Acción Social (TSAS) temos un papel esencial na prestación de servizos sociais e nas políticas de integración e participación da cidadanía. É por iso que demandamos que as entidades non lucrativas poidan concorrer en igualdade de condicións na contratación publica e elaboramos entre as entidades membro da Rede un documento no que se explica que son as cláusulas sociais na contratación pública.
As organizacións non gobernamentais, polo seu traballo directo coas persoas, son as que mellor coñecen as necesidades e os apoios que deben prestarse e isto supón desaproveitar un coñecemento moi útil para conseguir unha actuación realmente eficaz e eficiente baseada na calidade dos servizos

Indicadores Cláusulas Sociais

Fondos Estruturais

Como coñecedoras directas da poboación en risco de pobreza ou de exclusión social, as entidades que integran EAPN-Galicia elaboraron un documento no que se recollen as medidas e prioridades que cren esenciais no investimento do Fondo Social Europeo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. Trátase dun documento de Aportacións á programación de Fondos Estruturais 2014-2020 no que tamén se recolle a petición para que se cumpra a normativa europea que establece que o 20% dos fondos FSE na Comunidade Galega sexan obxectivo de inclusión social.

Campaña X Solidario

Todos os anos as entidades do terceiro sector de acción social e cooperación realizan unha campaña de sensibilización que ten por obxectivo informar e concienciar aos cidadáns da importancia de marcar o X Solidario na súa declaración da renda.

Os programas que se financian grazas ao recadro de Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social van dirixidos, principalmente, á infancia, ás familias, á mocidade, ás persoas maiores, ás persoas con discapacidade ou a persoas en situación de vulnerabilidade o en risco de exclusión social.

– Por marcar o X Solidario NON pagas máis impostos, o 0’7% é unha parte dos cartos que pagas coa Declaración da Renda.
– Por marcar o X Solidario NON che devolven menos diñeiro.
– Si podes marcar os dous recadros, o de ‘‘Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social’’ e o da ‘Igrexa Católica’ NON son excluíntes.
– Se marcas os dous recadros os cartos NON se reparten. Vai un 0’7% para cada un, é dicir, un 14% dos teus impostos.

Campaña 2011
Campaña 2012
– Campaña 2013
– Campaña 2014