As organizacións de loita contra a pobreza reclaman ‘Renda Mínima Sí: Pon os teus prexuízos en corentena”

Comentarios desactivados en As organizacións de loita contra a pobreza reclaman ‘Renda Mínima Sí: Pon os teus prexuízos en corentena” 798
Comparte!
A crise da COVID-19 puxo de manifiesto a necesidade urxente de garantir ingresos básicos a milleiros de persoas en España en pobreza severa. Unha renda mínima estatal supón unha ferramenta clave para a reactivación da economía ao tempo que non se deixa a ningunha persoa atrás.

Centenares de organizacións de loita contra a pobreza e a exclusión de toda España, integradas nas redes autonomicas de EAPN e en EAPN España, xunto con outras organizacións e plataformas aliadas, lanzan a campaña ‘Renda Mínima Sí’: Pon os teus prexuízos en cuarentena’ para eliminar os prexuízos asociados á implantación dunha renda mínima en xeral, como as que existen xa na maioría de comunidades autónonomas, pero en especial ante a indispensable necesidade de posta en marcha dunha renda mínima estatal.

Como se leva reclamando dende hai máis dunha década, as organizacións que participan na campaña defenden que dispor dunha renda mínima digna debe ser un dereito subxectivo das persoas que se atopan en situación de maior vulnerabilidade.

A renda mínima estatal debe ser un instrumento áxil, acesible e compatible cos sistemas autonómicos xa existentes, que permita eliminar a pobreza severa, reducir a pobreza relativa e, xunto con outros instrumentos, eliminar a pobreza infantil, asegurar unha vivenda digna e incrementar a inclusión social. Todo isto, sen supoñer unha maior carga burocrática e paliando a heteroxeneidade actual que ocasiona grandes desigualdades entre persoas de diferentes Comunidades Autónomas.

A campaña, coordinada dende EAPN Galicia, pretende rachar co interesado discurso aporofóbico e imáxes estereotipadas sobre a realidade das persoas perceptoras de rendas mínimas.

A renda mínima estatal permitirá non so loitar contra a pobreza severa senón que supón tamén unha medida imprescindible para o desenvolvemento económico e a saída da crise provocada polo COVID19 xa que os fondos permitirán ás persoas mercar alimentos ou pagar suministros e outros servizos básicos reactivando a economía local e de barrio, beneficiando a toda a comunidade e aportando maior dignidade para quenes se atopan en situación de vulnerabilidade.

Antes desta crise, en España, había 600.000 fogares sen ingresos de ningún tipo e 2,5 millóns de persoas vivían en situación de pobreza severa (con menos de 370€ ao mes). A exclusión social e a desigualdade son problemas profundos e multidimensionais, que requiren dunha acción política decidida para ser erradicadas.

Neste contexto, unha renda mínima estatal non é únicamente un instrumento de xustiza social, senon de intelixencia económica, que beneficia ao conxunto da poboación e asegura a creación de emprego non precario.

Por elo, dende EAPN convidamos a que organizacións de acción social, culturáis, veciñais, deportivas, profesionais, sindicais, empresariais, movementos cidadáns e de calqueira outra índole adhíranse ao manifesto #RentaMínimaSí: Pon os teus prexuízos en cuarentena, en defensa dun modelo de renda mínima estatal como dereito subxectivo que dignifique as condicións de vida das persoas que se atopan con maiores dificultades.

Máis información e adhesión de organizacións á campaña: https://participacionsocial.org/renta-minima-si

Manifesto da campaña en galego

Similar articles

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies