ENTIDADES MEMBRO


 

 

ACCEM

Accem é unha ONG que proporciona atención e acollida a refuxiados e inmigrantes en España, promovendo a inserción e a igualdade de dereitos e deberes de todas as persoas, sexa cal sexa a súa orixe, sexo, raza, relixión ou grupo social.

www.accem.es


 

 

 

 

 

Asociación para a Prevención e a Educación Social (A.P.E.S.)

A Asociación para a Prevención e a Educación Social (A.P.E.S.)é unha entidade sen ánimo de lucro fundada en 2008. Apoiamos os procesos de reinserción sociolaboral de persoas recluídas para evitar que volvan delinquir, abrimos vías de comunicación entre o cárcere e a sociedade xerando espazos de reflexión común sobre a prevención e atención ao fenómeno delituoso e planificamos accións orientadas a reducir o potencial da delincuencia e as súas causas dende a infancia; prestando especial atención aos colectivos máis desfavorecidos.

www.apesasociacion.org/


ARELA

 

 

 

ARELA

A Asociación ARELA ten como misión o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en risco de exclusión, en situación de desprotección, ou en conflito social, fomentando iniciativas de intervención e prevención nestas situacións, de calidade e normalizadoras, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen.

www.arela.org


Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP)

 

 

 

ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ

A Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) é unha ONGD que aposta desde 1990 por un desenvolvemento equitativo, a reivindicación da xustiza social, a defensa e promoción dos dereitos humanos, a igualdade de xéneros e a democracia. Nos países do sur traballa pola capacitación das persoas beneficiarias para alcanzar un desenvolvemento sostible, fortalecendo o tecido asociativo e para a mellora na universalización dos servizos públicos básicos. En Galicia realiza un importante labor de sensibilización e educación para o desenvolvemento a través de proxectos de intervención en diferentes ámbitos.

www.acpp.com/


autismo galicia

 

 

 

AUTISMO GALICIA

Autismo Galicia é unha Federación de Asociacións e Fundacións que teñen como misión mellorar a calidade de vida das Persoas con Trastorno do Espectro Autista e das súas familias. É unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública e recoñecida como entidade Prestadora de Servizos Sociais e entidade de Acción Voluntaria.

www.autismogalicia.org


Boa Vida

 

 

 

 

 

BOA VIDA INCLUSIÓN ACTIVA

A Asociación Boa Vida Inclusión Social Activa, “está formada por persoas agradables, con problemas de todo tipo, con dificultades, en situación de vulnerabilidade social, que se reúnen para levar a vida mellor (opinar, acompañar, aprender, axudar, reivindicar, ser referentes) coa idea de dar participación e esperanza a todo o que queira formar parte do grupo”.

www.boavidainclusionactiva.blogspot.com.es


Cáritas

 

 

 

CARITAS DIOCESANAS DE GALICIA

Baixo este logo atópanse representadas as Cáritas Diocesanas de Ourense, Lugo, Mondoñedo-Ferrol e Tui-Vigo.

Todas elas veñen desenvolvendo, dentro de Galicia, un importante labor de apoio e promoción social a diversos grupos sociais en situación de precariedade e/ou exclusión social, enfocando a súa acción a mellóra da calidade de vida dos últimos e non atendidos da sociedade.

www.caritaslugo.es
www.caritasourense.org
www.caritas.es/mondonedoferrol
www.caritas.es/tuivigo/


CDR O Viso

 

 

 

 

 

CDR O Viso

O Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, é una entidade sen ánimo de lucro, constituída no ano 1990 e declarada de Utilidade Pública. Un proxecto de desenvolvemento comunitario –co pobo, do pobo e para o pobo- cuxa orixe se atopa en Lodoselo (Sarreaus) e que foi medrando co paso do tempo ata contituirse nun importante axente de cambio social na Comarca da Limia a través de programas que atenden a distintos colectivos (maiores, menores, persoas en risco de exclusión…) mediante accións integrais de educación-ambiental, servizos de proximidade para maiores e a comunidade xeral, de formación e emprego, voluntariado… coa súa máxima “o necesario é posible, e ademáis realizable“.

www.cdroviso.org


 

 

 

 

CDR Portas Abertas

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas é unha ONG de ámbito provincial que nace no ano 1990 no Concello de Vilardevós (Ourense). Leva a cabo un programa integral de intervención no medio rural na Comarca de Verín destinado a todos os colectivos de poboación. Ten como misión traballar coa comunidade rural en procesos de desenvolvemento integral e sostible en coordinación con outros axentes sociais do territorio para mellorar as condicións de vida da poboación rural e do seu medio. Esta integrada en COCEDER ( Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural).

www.cdrportasabertas.org


COGAMI Logo Simple

 

 

COGAMI

É unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública e recoñecida legalmente como entidade colaboradora en materia social en favor das persoas con discapacidade física en Galicia. Ten como finalidade a integración social das persoas a través de eixes de acción fundamentais para a integración e normalización do colectivo como o emprego. Por este motivo existe o Grupo COGAMI (Galega de Economía Social, S.L.), grupo empresarial de economía social formado por 14 iniciativas que dan emprego a máis de 600 persoas con discapacidade.

www.cogami.es


DOWN_GALICIA

 

 

 

DOWN GALICIA

Agrupa, desde 1998, as asociacións específicas para a síndrome de Down da Comunidade Autónoma de Galicia. Coordina e canaliza as demandas do colectivo ante a Administración Autonómica e busca contribuír a normalizar a situación das persoas con síndrome de Down na sociedade. Realiza, ademais, tarefas de coordinación, colaboración e proposta de programas de actividades ás administracións para a súa posta en práctica a través das súas asociacións integrantes.

www.downgalicia.org


Ecos do Sur

 

 

 

 

 

ECOS DO SUR

Ecos do Sur é unha ONG que desde 1991 traballa por cambiar a vida das persoas máis vulnerables da nosa sociedade, principalmente inmigrantes e emigrantes retornados/as, e dos países do Sur.
Porque creemos nun mundo participativo, diverso e igualitario, enriquecido na interculturalidade e o intercambio.

www.ecosdosur.org


lOGO FAGAL

 

 

 

FEDERACIÓN ALZHEIMER GALICIA

A Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias nace en 1998 a partir de varias asociacións de familiares de enfermos para traballar conxuntamente e unir as súas voces de face á sociedade galega e dar a coñecer a realidade destas enfermidades.
Hoxe en día a Federación Alzheimer Galicia está formada por 13 asociacións , con 5.000 socios, presentes ao longo de toda a xeografía galega que a través dos máis de 170 profesionais prestan diferentes servizos para enfermos de calquera tipo de demencia e os seus familiares: centros de atención a enfermos, grupos de axuda, formación, etc.

www.fagal.org


Logo FEAFES Galicia

 

 

 

FEAFES GALICIA

Constituíuse en 1995 co obxectivo de representar os dereitos e necesidades do movemento asociativo das persoas con enfermidade mental. Na actualidade está integrada por 14 asociacións distribuídas por toda a xeografía galega e representa os intereses de máis de 4.000 socios. Xunto coas súas asociacións membro, realiza accións dirixidas a mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e dos seus familiares dirixindo as súas accións a ámbitos como a inserción laboral, o fomento da autonomía persoal, a asesoría xurídica ou o tempo de lecer.

www.feafesgalicia.org


Fegadace

 

 

 

FEDERACIÓN GALEGA DE DANO CEREBRAL

A Federación Galega de Dano Cerebral está formada polas asociacións de Dano Cerebral da Coruña, Lugo, Vigo, Ourense e Santiago de Compostela.
O seu obxectivo básico é a defensa dos intereses e a mellora da calidade de vida dos afectados e afectadas galegas por dano cerebral e dos seus familiares.

www.fegadace.org


fundacion-amaranta-logotipo

 

 

 

FUNDACIÓN AMARANTA

La Fundación de Solidaridad Amaranta es una organización privada, sin ánimo de lucro, de naturaleza fundacional creada por las Religiosas Adoratrices para cohesionar su acción social.

Nuestro fin es favorecer la integración personal e incorporación social de mujeres y adolescentes afectadas por la prostitución y otras situaciones de exclusión. Intentamos incrementar una conciencia de la dignidad de estas mujeres y poner fin a su discriminación.

Nuestros valores principales nos impulsan a desarrollar una estrategia global para actuar en un mundo cambiante, a través del empoderamiento de las mujeres. Para ello, recabamos los medios necesarios para sistematizarlos en programas y proyectos que favorezcan el desarrollo integral de las mujeres objeto de los fines de la Fundación

www.fundacionamaranta.org


 

 

 

 

 

FUNDACIÓN ÉRGUETE-INTEGRACIÓN

A Fundación Érguete-Integración é unha entidade sen ánimo de lucro que pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada no deseño e seguimento de itinerarios individualizados de inserción.
Estamos nun proceso aberto e constante de análise da realidade de todos os colectivos implicados no noso proxecto para procurar a adaptación dos nosos programas e actividades en función da necesidade existente na contorna.

Somos unha entidade comprometida coa calidade e a excelencia, en continuo proceso de mellora, o que nos leva a desenvolver o noso traballo mantendo o compromiso coas persoas (respecto á dignidade das persoas, igualdade de oportunidades, defensa de dereitos e capacidade de elixir), con traballo en equipo e espírito de colaboración (equipos multidisciplinares que colaboran estreitamente para dar unha cobertura integral ao usuario/a), con rigor profesional, independencia, compromiso ético, coherencia e flexibilidade.

www.fundacionerguete.org


 

 

 

 

FUNDACIÓN ESPLAI

A Fundación Esplai Cidadanía Comprometida ten como misión promover o empoderamento cidadán e o seu compromiso coa mellora da sociedade, desde a perspectiva dos dereitos, a inclusión e a transformación, e cunha especial adicación á mocidade.
Todo elo mediante a intervención social comunitaria, a acción socioeducativa e a inclusión no eido das tecnoloxías da información e a comunicación, traballando en rede co Terceiro Sector e co resto de axentes sociais.

www.fundacionesplai.org


 

 

 

 

 

FUNDACIÓN JUAN SOÑADOR

Juan Soñador é unha iniciativa social da Familia Salesiana no seu afán de dar respostas sociais e educativas a colectivos que se atopan en situación de risco e exclusión social, especialmente os mozos. O seu obxectivo é facer realidade o dereito das persoas máis necesitadas a unha vida máis digna, centrándose nos nenos, pícaras, adolescentes, novas, familias e inmigrantes en situación de risco ou exclusión social.

www.fundacionjuans.org


fundacion-meninos

 

 

 

FUNDACIÓN MENIÑOS

É unha organización independente e sen ánimo de lucro creada en 1996 que traballa polos dereitos da infancia en situación de dificultade social, contribuíndo a xerar cambios que propicien un ambiente familiar de seguridade e afecto. Meniños leva a cabo os seus proxectos e programas en Galicia, Asturias e Madrid, ademais de desenvolver liñas de cooperación técnica con entidades de diferentes países.

www.meninos.org


fundacion-ronsel

 

 

 

 

FUNDACIÓN RONSEL

Fundación Ronsel é unha entidade sen ánimo de lucro, sen vinculacións políticas nin relixiosas, que foi recoñecido como benéfico-docente e de interese galego e atópase baixo o protectorado da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. O seu padroado está composto por empresarios e profesionais galegos cuxo principal interese é favorecer a inserción social e económica de todas as persoas a través de mellóraa da súa empleabilidad, tanto por conta allea como por conta propia.

www.fundacionronsel.org


Fundacion-secretariado-xitano

 

 

 

FUNDACIÓN SECRETARIADO XITANO

Desenvolve desde 2001 programas e accións dirixidas a fomentar a participación social e a incorporación laboral da comunidade xitana en Galicia e a apoiar as iniciativas que, desde distintas entidades, teñen por obxecto mellóraa das condicións de vida das persoas xitanas.

www.gitanos.org/galicia/index.php


 

 

 

 

EMAÚS GALICIA

É unha entidade asociada ao movemento de Emaús Internacional. Formalizou a súa apertura en Galicia en novembro de 2007 e traballa pola mellora das condicións de vida das persoas en situación ou grave risco de pobreza ou exclusión, así como pola sensibilización para un desenvolvemento social, económico e ambiental sostible.

www.emaus.com


 

 

 

IGAXES

É unha organización de prestación de servizos que traballa especialmente a inclusión social de colectivos vulnerables (principalmente de infancia e mocidade, muller e inmigración), a través dunha filosofía de traballo baseada nos conceptos de incubación social e empoderamento.

www.igaxes.org


Médicos do Mundo

 

 

 

 

 

MÉDICOS DO MUNDO

Médicos do Mundo é unha asociación independente que traballa para facer efectivo o dereito á saúde para todas as persoas, especialmente para aquelas que viven en situación de pobreza, iniquidade de xénero e exclusión social ou son vítimas de crises humanitarias. Actuamos no ámbito da saúde coa poboación en situación de pobreza e exclusión social, coas vítimas de crises humanas, en definitiva, con toda persoa que vexa vulnerados os seus dereitos humanos, e realizamos accións de sensibilización e denuncia das causas que orixinan as inxustizas para promover o cambio social.

medicosdomundogalicia.blogspot.com.es
medicosdelmundo.org


 

 

 

 

 

 

PROVIVIENDA

Somos unha asociación sen ánimo de lucro que traballamos para mellorar a realidade socioresidencial dende 1989. A nosa misión é desenvolver actuacións que teñan como obxectivo a mellora da calidade de vida das persoas, proporcionándolles un aloxamento digno e adecuado ás súas necesidades e posibilidades.

provivienda.org

1 Comentario

  1. María jose 31 Xullo, 2017 at 10:47 a.m.

    ola!!! Estou na procura de empresa, hoxe con una oferta na oficina de empleo de Vilagarcía e o preguntar por ela non me dieron información porque a oferta é si para homes…..despido de Chamar a varios organismos consigo falar con inspector laboral de zona que me di que teño que poner denuncia para o cal debo desplazarme a 60 km de onde vivo….digolle k o estar en paro non teño medios para desplazarme e dime qué é a única manera, que de oficio non poden facer nada, nin quixo os datos da oferta…….podedes facer algo vos??? Grazas, edificios o meu teléfono 661565387

Contesta Cancelar

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies