MISIÓN, VISIÓN E VALORES
No Plan Estratéxico 2022-2025 establécese que EAPN-Galicia é unha organización non lucrativa, que reúne ás entidades do Terceiro Sector de Acción Social implicadas na loita contra a pobreza, a exclusión e a desigualdade social e de xénero. Que traballa polas mesmas causas, desde un enfoque de dereitos pola defensa dos intereses das persoas en situación ou risco de pobreza e da súa participación comunitaria plena, mediante a incidencia política e social propositiva.
A Rede Europea Contra a Pobreza pretende contribuir ao proceso de articulación do Terceiro Sector Social en Galicia, traballando por causas comúns das entidades, e ter capacidade de incidencia política e social para a erradicación da pobreza e a exclusión social desde un enfoque de dereitos.
EAPN-Galicia subscribe como fundamentos do seu propósito a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a Convención sobre os dereitos do neno, e a Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade, así como os dereitos recoñecidos na Constitución Española e no Estatuto de Autonomía de Galicia. Os retos que se queren afrontar atópanse aliñados coa Axenda 2030 e os seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, en especial os ODS1: FIN DA POBREZA e entendendo que o incumprimento do dereito ao acceso á unha vivenda digna, axeitada e accesible é unha das principais causas que impiden a loita efectiva contra a pobreza e a exclusión social en Galicia, o ODS 11: CIUDADES Y COMUNIDADES SOSTENIBLES no que se establece como meta principal no 2030 “asegurar o acceso de todas as persoas a vivendas e servizos básicos axeitados, seguros e adsequibles e mellorar os barrios marxinais”.
Asume especialmente os seguintes principios e valores:
- Independencia
- Participación activa
- Compromiso
- Colaboración
- Transparencia
- Innovación
- Representatividade
- Equidade de xénero
- Respecto mutuo