No 2017, case a cuarta parte da poboación galega seguía en risco de pobreza

0 1581
Comparte!
O informe “Estado de la pobreza 2018″ en Galicia revela que aínda que máis de 78.000 persoas sairon da situación de risco de pobreza no 2017, ainda quedan máis de 612.000 nesta situación.
A melloría das cifras xerais non está chegando ás mulleres. O 24,4% siguen en risco de pobreza e/ou exclusión social, frente ao 20,7% dos homes.
Entre 2016 e 2017 30.507 homes saíron da pobreza, mentras 20.913 mulleres entraron nela. A tendencia a feminización da pobreza en Galicia (como no resto do estado) é especialmente palpable cos datos específicos de pobreza, con taxas 3,6 puntos máis elevadas para as mulleres que para os homes.


Practicamente a cuarta parte da poboación galega, 612.006 persoas, se atopaba en 2017 en risco de pobreza e/ou exclusión social. Esta é unha das conclusións do oitavo informe O estado da pobreza, feito público hoxe pola Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN-Galicia) no marco do informe El Estado de la Pobreza presentado por EAPN España cos datos de todo o estado.

O informe recolle datos de Eurostat, Instituto Nacional de Estatística e Instituto Galego de Estatística, ademáis de cifras do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Segundo o traballo, en 2017 había preto dun cuarto da poboación residente en Galicia en risco de pobreza ou exclusión, o 22,6%, 612.006. Isto supón unha redución de 2,8 puntos con respecto ao 2016, 78,449 persoas.

Este bo dato xeral, que mellora incluso a media estatal, non debe ocultar que un dos datos máis preocupantes do informe é a constatación da brecha de xénero en pobreza e exclusión social e que as mulleres non se están a beneficiar da redución xeral das cifras sobre pobreza e exclusión.

Se falamos da taxa AROPE (En risco de pobreza e/ou exclusión social) atopámonos con un 24,4% das mulleres fronte ao 20,7% dos homes nesta situación. O máis alarmante disto non é simplemente a distancia porcentual entre unha e outra, senón a diferencia na evolución destes datos.

Na seguinte gráfica podemos ver como mentres a porcentaxe de homes en AROPE diminúe do 25% (2016) ao 20,7% (2017), a porcentaxe de mulleres soamente baixa 1,3 puntos porcentuais (do 25,7% ao 24,4% no mesmo período), tendo partido ambos de taxas similares.

O principal compoñente do indicador de risco de pobreza e/ou exclusión (AROPE nas súas siglas inglesas) é a taxa de pobreza. No 2017 supuxo ingresar menos de 8.522€ ao ano (710€/mes) nun fogar dunha soa persoa. O 18,7% da poboación galega estaba nesta situación no 2017, fronte ao 19% no 2016.

Este dato supón unha melloría con respecto ao 19% do ano 2016, sen embargo, vólvese a evidenciar a dificultade engadida para saír da pobreza da poboación feminina. En concreto, un 20,5% das mulleres se atopaban nesta situación no 2017, fronte ao 16,9% dos homes.

Neste caso, xa non so falamos de diferencias no ritmo de redución da taxa, senón dunha mellora na taxa masculina (dende o 19,1% do ano 2016, redución en 2.2 puntos) e do empeoramento da situación das mulleres en Galicia (dende o 18,9% do 2016, aumento en 1,6 puntos).

O Estado da Pobreza Galicia 2018 EAPN forma parte do estudio EL ESTADO DE LA POBREZA 2018, elaborado por EAPN España co obxectivo de realizar un seguimento exhaustivo do indicador de risco de pobreza e exclusión social en España. Neste informe mostra claramente que a saída da crise non está chegando a todos por igual. A fenda entre os ingresos dunha persoa pobre e o limiar da pobreza medrou, as diferencias entre homes e mulleres son especialmente preocupantes e o emprego segue sen chegar aos fogares con baixa intensidade de traballo.

A fraxilidade da leve melloría na loita contra a pobreza percíbese nun aumento das persoas en pobreza severa en todo o estado, con ingresos inferiores aos 4.260€ ao ano (355€/mes). A taxa pasou do 6,4% no 2016 ata o 6,9% no 2017, afectando a case 3.200.000 persoas. De novo con especial incidencia nas mulleres (7,1% fronte a 6,4% no 2016, fronte ao aumento do 6,5% ao 6,7% da taxa masculina)

Tamén en Galicia donde un 7,1% dos galegos e galegas vivían no 2017 en situación de pobreza severa, 192.000 persoas.

Principais titulares informeEstado da Pobreza Galicia 2018 EAPN

  • No ano 2017, un total de 612.006 persoas, que supoñen o 22,6% da poboación residente en Galicia estaba en Risco de Pobreza e/ou Exclusión Social (AROPE nas siglas en inglés). Prodúcese un descenso da taxa AROPE, que pasa do 25,4% ao 22,6%. A recuperación económica non está chegando de xeito decidido as persoas máis vulnerables.
  • A recuperación económica está a perxudicar especialmente á muller, voltando ás taxas AROPE tradicionalmente superiores á masculina.
  • As persoas en Carencia Material Severa diminúen notablemente (do 4,1 ao 2,4% da poboación) e moi por riba do conxunto do estado. Os sete conceptos deste indicador baixan, agás o do número de persoas que non poden permitirse unha comida de carne, polo ou peixe ao menos cada dous días (do 1,1% ao 3,3%).
  • No 2017, un 18,7% da poboación galega estaba en situación de pobreza (506.977 persoas), con ingresos mensuais inferiores a 710€/mes. Apenas 3 décimas menos que no 2016 pero 2,2 puntos menos dende 2008.
  • O 7,1% da poboación galega segue a vivir en pobreza severa, con ingresos inferiores a 4.260€ ao ano (355€/mes).
  • As persoas vivindo en fogares con baixa intensidade laboral (traballando menos do 20% da xornada semanal) diminúen do 13,6% ao 12%. A recuperación do Emprego ten efecto neste indicador, ainda que a baixa calidade do mesmo e a precariedade laboral motiva que a redución non sexa mais profunda (no conxunto do estado, a taxa de pobreza laboral mantense no 14,1%).
  • A pesar da mellora, é moi preocupante a taxa AROPE nos fogares monoparentais (un 83% encabezados por unha muller). Un 47,9% no 2016 fronte a un 53,3% no ano anterior no conxunto do estado.
  • Fraxilidade das persoas maiores de 65 anos. O 39% das pensións que se distribúen en Galicia teñen un importe inferior ao limiar da pobreza. Delas, 88.156 (o 11,6% do total de pensións) teñen un importe por debaixo do limiar de pobreza severa. Nas de viudedade, percibidas maioritariamente por mulleres, as porcentaxes son do 57,3% e 20,6%.
  • Cabe destacar tamén que algo máis de 150.000 pensións se atopan no tramo inmediatamente superior ao límite do limiar de pobreza (importe mensual entre 609€ e 650€), polo que outro 20% de pensionistas está nunha posición de vulnerabilidade límite e a piques de caer na pobreza.


 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies