O noso traballo é loitar contra a pobreza, non facer sudokus burocráticos

0 690
Comparte!
Na Asemblea de EAPN Galicia, acordouse prantexar ao Presidente da Xunta de Galicia a preocupación polo aumento notable da burocracia nos diferentes departamentos do goberno galego.

Coa participación de representantes de 19 das organizacións membro da rede, EAPN Galicia celebrou a súa Asemblea Ordinaria. Ademáis de dar entrada como membro ao Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) Portas Abertas, aprobáronse a Memoria e balance económico do 2017 (xa disponibles en www.pobreza.gal) así como o Plan de actuación e orzamento de 2018 e o Plan de Comunicación 2018-2019.

No 2018, ademáis de actuacións de incidencia política en diferentes departamentos da Xunta de Galicia, como na Consellería de Política Social (seguimento Axenda Social de Galicia, Decreto Lei de Inclusión, Plan galego de Persoas sen Fogar, convocatoria a cargo do 0,7% do IRPF…) Secretaría Xeral de Emprego ou Consellería de Vivenda, reclamarase ante Presidencia e Vicepresidencia a necesidade urxente de elaborar un Plan contra a burocracia extrema que garanta e prime a eficacia e a esixencia de resultados en actuacións a medio e longo prazo e a eficiencia do gasto público social.

A preocupación polo aumento de requisitos administrativos contraproducentes é notable nas organizacións de acción social. Limitando a eficacia no traballo das profesionais, provocando unha crecente inseguridade xurídica e sobre todo estando a perxudicar seriamente a milleiros de persoas en risco de pobreza ou exclusión: convocatorias publicadas con retraso e a desenvolver en poucas semanas, cambios de normativa sobre a marcha, requisitos de xustificación absurdos, imposibilidade de presentarse a múltiples convocatorias e garantir a concurrencia competitiva, etcétera. En palabras dunha participante na Asemblea: “o noso traballo estase a converter nun sudoku

Esta preocupación xa se puxo de manifesto nas pasadas eleccións autonómicas, demandando aos partidos políticos que na administración autonomica e municipal medidas como: erradicar o curtopracismo da acción política, xeneralizar a planificación e actuacións a medio e longo prazo e a estabilidade orzamentaria, resolución de todas as convocatorias no primeiro cuatrimestre do ano, crear un departamento que dende Vicepresidencia asegure a coordinación entre as areas con implicación en servizos sociais, transparencia e rendición de contas ou a implantación de fórmulas estables de financiamento das entidades non lucrativas do Terceiro Sector de Acción Social asociadas a cumprimento esixente de obxectivos de inclusión social.

Propostas en inclusión e emprego

Na Asemblea tamén se aprobaron os documentos de propostas e actuacións en materia de emprego e inclusión social que se presentarán nos departamentos responsables. En emprego seguiranse a reclamar medidas que aseguren unha actuación estable e de calidade con calquera persoa en risco de pobreza ou exclusión, o recoñecemento e interlocución normalizada coas entidades do Terceiro Sector Social e unha racionalización urxente das medidas de financiamento que aseguren a longo prazo todo o proceso de acompañamento e inserción sociolaboral, substituindo burocracia por resultados de formación e inserción.

En inclusión social, co obxectivo de ir avanzando cara un modelo de garantía de ingresos, presentáronse as emendas ao borrador de Decreto da Lei de Inclusión (RISGA): buscando a adaptación á realidade do mercado laboral ou de vivenda, garantir o interese superior do menor e a prioridade de loitar contra a pobreza naqueles fogares con nenos, nenas ou persoas con dependencia, normalizar a percepción da por inmigrantes comunitarios, simplificación burocrática ou transparencia e coordinación entre administracións ou con ONG.

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies