Galicia supera os 4,7 millóns de euros de recadación na Casilla Empresa Solidaria do Imposto de Sociedades en 2025, o terceiro incremento máis alto de España
A recadación medrou un 53,6% respecto ao ano anterior, só por detrás de Cantabria e Comunidade Valenciana. Máis de 23.200 empresas galegas marcaron a Casilla.
Grazas a iso, máis ao recadado na campaña da X Solidaria en Galicia desenvolvéronse un total de 812 programas de interese xeral, xestionados por 175 entidades do Terceiro Sector.
A Casilla Empresa Solidaria pódese marcar durante o período de presentación do Imposto de Sociedades, entre o 1 e o 25 de xullo, no punto de fins sociais no recadro 00073 do modelo 200 e no recadro 069 do modelo 220.
É un xesto voluntario e sen custo para as empresas que lles permite solicitar o seu Selo Empresa Solidaria que acredita e visibiliza o seu compromiso social.

En 2025, Galicia superou os 4,7 millóns de euros de recadación na Casilla Empresa Solidaria, un 53,6% máis que o ano anterior. O seu crecemento é o terceiro máis alto de España, por detrás de Cantabria e Comunidade Valenciana.
Máis de 23.200 empresas galegas marcaron a Casilla, un 20% máis que na campaña anterior, elevando a participación ao 23,8%do tecido empresarial galego. Se todos os contribuintes obrigrados a presentar o Imposto de Sociedades (empresas, autónomos, cooperativas, etcétera) marcaran a Casilla recadaríanse case 20 millóns de euros máis.
Durante o ano 2025, entre X Solidaria do IRPF e do Imposto de Sociedades desenvolvéronse un total de 812 programas de interese xeral, xestionados por 175 entidades do Terceiro Sector e cun financiamento por importe de 34.331.785,90 euros. Programas que traballan para mellorar a calidade de vida das persoas, a prol do fomento de autonomía e participación comunitaria, da inclusión sociolaboral, do envellecemento activo, da participación activa da vida política e pública, da conciliación e mediación familiar, entre moitos outros.
A Casilla está xa dispoñible para marcar na presentación do Imposto de Sociedades, ata o 25 de xullo. A Casilla atópase no punto de fins sociais: recadro 00073 do modelo 200 e recadro ou casa 069 do modelo 220.
A Casilla Empresa Solidaria permite a calquera empresa, independentemente do seu tamaño, destinar o 0,7% do seu Imposto de Sociedades a fins sociais. Trátase dun xesto voluntario e sen custo, que non implica pagar máis nin recibir menos na devolución, e que contribúe a financiar proxectos sociais e co que as participantes poden solicitar o seu Selo Empresa Solidaria, que acredita e visibiliza o seu compromiso social.
Casilla Empresa Solidaria: medrando exponencialmente dende os seus inicios
A evolución de Galicia enmárcase no crecemento sostido da Casilla Empresa Solidaria en toda España. A nivel nacional, a iniciativa acadou en 2025 un novo máximo histórico, con case 125 millóns de euros recadados. Malia isto, aplicando un 0,7% á recadación do Imposto de Sociedades prevista polo Ministerio de Facenda, se todas as empresas marcasen a Casilla Empresa Solidaria na declaración deste tributo en España o máximo importe que se podería obter nesta campaña sería de 295 millóns de euros.
En 2025 máis de 373.000 empresas en España marcaron a Casilla no seu Imposto de Sociedades. Estas cifras representan un incremento interanual do 44,3% en recadación e do 20,4% en número de empresas participantes. Coa recadación das campañas Casilla Empresa Solidaria e X Solidaria do IRPFde 2024, en 2025, financiáronse 1296 proxectos desenvolvidos por 344 entidades sociais a nivel estatal. A nivel autonómico, en 2024, financiáronse 9829 proxectos, desenvolvidos por 3567 entidades.



