Participando contra prexuízos e #MentirasPobreza

0 1479
Comparte!
No VIII Seminario Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva case 100 persoas en risco de pobreza ou exclusión denuncian os prexuízos e estereotipos que padecen todos os días e reclaman a liberdade de poder ser diferentes, con iguais dereitos.

Baixo o lema “Participando contra prexuízos e mentiras!” EAPN-Galicia celebrou o pasado 23 de maio a oitava edición do Seminario Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva,

Como todos os anos, este seminario supón unha oportunidade para cuestionar situacións da vida cotiá que impiden a plena inclusión das persoas, perpetúan situacións inxustas, alimentan estereotipos negativos e accións prexuiciosas. O fin último é un maior empoderamento e un nivel óptimo de participación real e efectiva das persoas na sociedade na que viven, defendendo e loitando polos dereitos fundamentais.

Muro Mentiras cerca

A esta xornada, coa que comezou a campaña #MentirasPobreza (unha etiqueta que tivo gran éxito en redes sociais durante gran parte do día), acudiron preto de 100 participantes (en situación ou risco de pobreza ou exclusión) das entidades membro da rede, buscando reflexionar sobre as barreiras que impiden a inclusión efectiva das persoas en risco de pobreza e/ou exclusión e reclamando os seus dereitos e dignidade.

Na primeira parte da xornada e nos 10 obradoiros locais previos, tratouse de identificar e dar visibilidade as mentiras, estereotipos e prexuízos que afectan ás persoas, coñecer por qué son mentira e reflexionar sobre o impacto que teñen na nosa vida persoal e relacional. Con todas elas construíuse entre todas este Muro das Mentiras.

A segunda parte da xornada dedicouse a dar resposta á pregunta Como lle facemos fronte as mentiras e qué propostas teño? Con todas elas construíuse este Muro da Inclusión.

Muro da Inclusión

Con todos os aportes recadados completarase un documento que servirá de base para a campaña informativa a través das redes sociais coa que se pretende dar visibilidade e romper a espiral de mentiras sobre persoas e colectivos en risco de exclusión.

Este documento, que continúa o camiño comezado en EAPN Andalucía coa súa iniciativa Estereotipos Invisibles, reunirá os prexuízos identificados, a argumentación que demostra obxectivamente a súa falsidade e as propostas para derrubalos.

Para máis información:

VIII SEMINARIO GALEGO

PROGRAMA SEMINARIO GALEGO

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies