Profesionales y voluntarios 22 Las organizaciones aprenden y hacen networking para mejorar su comunicación.
O Grupo de comunicación de EAPN Galicia organizou a segunda edición do Seminario de inclusión dixital e novas tecnoloxías para a acción social
38 persoas de 22 organizacións de acción social participaron o 5 de abril no II Seminario de inclusión dixital e novas tecnoloxías para a acción social, en el Centro Demostrador de Tic de Galicia (CDTIC), en Santiago de Compostela.
Esta actividade estaba dirixida a persoal técnico ou voluntario das asociacións membro da rede que desexaran impulsar a área de comunicación aínda que non contasen con coñecementos específicos neste eido.
A xornada comezou cunha breve conferencia sobre a linguaxe inclusiva, na cal se ofreceron pautas para unha comunicación “decente”, presentando aos asistentes o Código de Conduta en Comunicación contra a Pobreza de EAPN Galicila como documento a ter en conta neste senso.
Co fin de plasmar unha mensaxe inclusiva e que a información chegue a todas as persoas, fíxose fincapé na importancia das publicacións en lectura fácil.
Por otra banda, nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, la xestión de redes sociais foi un dos eixes con máis peso durante o curso, profundizando nas páxinas de Facebook e Twitter.
Por último, e para facilitar ferramentas de mellora da operatividade e o fomento da creatividade, realizouse unha breve introdución a algúns programas e aplicacións para a comunicación.





