Xestionando con eficiencia e transparencia os fondos comunitarios 2014-2020 na loita contra a pobreza e a exclusión social
Santiago de Compostela, 22 outubro de 2015
Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Este seminario organizado por EAPN Galicia e a Fundación Galicia Europa está dirixido a profesionais e voluntariado das organizacións galegas de acción social e ten un dobre obxectivo:
- Coñecer as prioridades e liñas de actuación dos principais Fondos Estruturais que permitirán levar a cabo durante o período 2014-2020 os programas e iniciativas de loita contra a pobreza, a exclusión social, o desemprego e o el fracaso escolar. Así como a importancia de asegurar a transparencia pública e participación da sociedade civil galega na súa planificación, xestión, seguimento e avaliación.
- No marco dos obxectivos de información e formación en asuntos europeos que ten encomendados a Fundación Galicia Europa, preténdese dar formación práctica sobre os principais programas de financiamento europeo de interese para as organizacións non lucrativas de acción social galegas, así como en aspectos máis prácticos como o procedemento para solicitar financiamento comunitario para poñer en marcha proxectos europeos: EaSI, Erasmus + Europa dos Cidadáns, INTERREG, Programa Derechos, Igualdad y Ciudadanía, Horizon 2020. Vida cotidiana asistida por el entorno (AAL)
O proceso de inscrición (gratuíta) xa está aberto. Dado que as prazas son limitadas, é importante facelo canto antes neste enlace
PROGRAMA (Ver detalle en: Seminario Financiamento Europeo ONG 220715)
9:00 Recepción e inscricións
9:30 Apertura / Inauguración
9:45 PONENCIA. Prioridades europeas na inclusión social e transparencia na xestión dos Fondos Estruturais
Sali Guntín. Grupo Expertos Dialogo Estruturado FSE Comisión Europea. Task Force EAPN Europa (Skype)
10:30 Introdución aos Fondos Estruturais europeos: orixe, estrutura e implementación en Galicia
11.45 ¿Qué se vai a facer en Galicia cos fondos comunitarios 2014-2020 na loita contra a pobreza e a exclusión social? 11.45 ¿Qué se vai a facer en Galicia cos fondos comunitarios 2014-2020 na loita contra a pobreza e a exclusión social?
Ledicia Suárez. Subdirección Xeral de Inclusión, Inmigración e Acción Social. Consellería Política Social
Juan Manuel Martínez Barral. Servizo Coordinación e Seguimento Programa Desenvolvemento Rural 2014-2020. Consellería do Medio Rural
12:45 Principais programas de financiamento europeo para ONG galegas. ¿Cómo identificar o que corresponde a cada entidade?:
- EaSI 2014-2020
- Erasmus + 2014-2020
- Europa dos cidadáns 2014-2020
- INTERREG VA (POCTEP), INTERREG VB (SUDOE e Espazo Atlántico) e INTERREG VC (Interreg Europe)
- Programa Dereitos, Igualdade e Cidadanía 2014-2020 (antigo DAPHNE)
- Horizon 2020. Vida cotiá asistida polo entorno (AAL)
15.30 Cómo participar: Principais webs de interese, procuras de socios/redes existentes, apoios e pasos a seguir para a presentación de propostas.
16:15 Taller práctico: ¿Teño un proxecto europeo?
19:00 FIN XORNADA
Responsables formación: Graciela Garrido e David Seoane (Econet Consultants)
Máis información:
Guía de Financiamento Comunitario 2014-2020
Documentación e presentacións do Seminario
Fai un comentario