Cómo facemos para que as nosas fillas e netas non herden a pobreza?

0 477

A loita contra a pobreza familiar (en especial a infantil e xuvenil), a súa transmisión interxeneracional e os prexuizos e mentiras sobre as persoas en pobreza ou exclusión social, claves do VII Foro de Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado

Facultade de Matemáticas USC, Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2017

CARTEL VII FORO POBREZA EAPN BajaO 80% da infancia que se atopa hoxe na pobreza está condenada a sufrila o resto da súa vida. E tamén os seus fillos e fillas. E os seus netos. Chámase transmisión interxeneracional da pobreza. Este VII Foro afondará nas causas e solucións para este problemática, partindo da denuncia dos prexuizos e mentiras identificados no último Seminario de Participación de persoas en risco de pobreza ou exclusión e que impiden a inclusión social das persoas,

Non hai nenas e nenos pobres en familias ricas. No Foro capacitarase sobre iniciativas de loita contra a pobreza que beneficien directamente á poboación infantil e xuvenil dente os eidos socioeducativo, sociosanitario ou da súa participación. Buscarase mellorar o acompañamento e atención das persoas en situación de exclusión.

Co seu tradicional enfoque práctico e construtivo, o Foro contará coa presenza de máis de vinte expertas, como Joseba Zalakain (director SiiS. Centro de Documentación y Estudios Servicios Sociales), Guillermo Fernandez Maillo (Fundación Foessa/Caritas), Kepa Paul Larrañaga (Grupo de Sociología de la Infancia y la Adolescencia) ou Jordi Longás (Director científico do programa CaixaProinfancia)

O proceso de inscrición (de balde) xa está aberto. As prazas son limitadas, polo que é importante facelo antes do 20 de outubro neste enlace.

Programa Foro (resume) Máis información e documentación na web do VII Foro

9.30 INAUGURACION

9.45 DIALOGO. Derrubando un muro de mentiras sobre a pobreza e a exclusión social

Natalia Monje. Grupo Comunicación EAPN Galicia/Proxecto cibeRespect contra o odio nas redes sociais
Grupo Participación EAPN Galicia.

10:30 CONFERENCIA: Qué deberíamos facer para loitar mellor contra a pobreza infantil e xuvenil?

Jordi Longás. Director científico programa CaixaProinfancia

11.45 DIALOGO. Cómo evitamos que a pobreza se herde?

Joseba Zalakain (SiiS. Centro de Documentación y Estudios Servicios Sociales)
Guillermo Fernandez Maillo (Fundación Foessa/Caritas Española)

13.15 DIALOGO. Cómo evitamos, con urxencia, que a pobreza se herde en Galicia?

16:00 COMO MELLORAMOS…? Diálogos de saberes:

A loita contra a pobreza e a exclusión social no eido socioeducativo?

A participación das nenas e os nenos na defensa dos seus dereitos?

Programa provisional VII Foro Pobreza EAPN 131017

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

CAPTCHA Image

(obrigatorio)

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR