Comparte!

#Pobreza24M

CONCELLOS AO SERVIZO DAS PERSOAS

Compromisos para un Pacto contra a pobreza e pola inclusión social

As palabras xa non son suficientes. Nas vindeiras eleccións municipais non abondan as boas intencións, as promesas etéreas ou botarse a culpa entre administracións. Son imprescindibles compromisos firmes e resultados urxentes na mellora da calidade de vida das 672.123 persoas que en Galicia están na pobreza ou na exclusión social.

No 2019 deben de ser 168,000 persoas menos. É posible. É unha obriga.

Comprométese coas persoas, candidat@?

¿POR QUÉ #Pobreza24M?¿COMPROMÉTESE COAS PERSOAS, CANDIDAT@?O TEU CONCELLOXA SE COMPROMETERONPARTICIPA

Non abondan as palabrasOs concellos son a administración pública na que máis se percibe o sufrimento no que viven as persoas que na nosa comunidade malviven na pobreza ou na exclusión social.

Cada día, 12.866.430 persoas en España (27,3% da poboación) e 672.123 galegos e galegas (24,3%) ven como se lles nega o seu dereito a unha vida digna e a unha auténtica inclusión social e laboral.

As organizacións que formamos a Rede Galega contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN Galicia), ao igual que o resto de redes autonómicas de EAPN España, seguimos a constatar o incumprimento dos dereitos fundamentais recoñecidos na Declaración Universal de Dereitos Humanos, na nosa Constitución e mesmo no noso Estatuto de Autonomía.

Moitas persoas están a ser discriminadas por mor do lugar no que nacen ou viven. Non todos os concellos apostan por políticas de inclusión e benestar social e por orzamentos decentes.

As palabras xa non son suficientes. Cunha pobreza e unha desigualdade cada vez máis intensas e crónicas, nas vindeiras eleccións municipais non abondan as boas intencións. Non serven as promesas etéreas nin o indecente reparto de culpas políticas entre administracións. Son imprescindibles compromisos firmes e resultados urxentes na mellora da calidade de vida das persoas.

Queremos pedirlle a todos os candidatos e candidatas nas vindeiras Eleccións Municipais do 24 de maio que se comprometan coa dignidade e coa mellora da calidade de vida das persoas do seu concello, en especial das que se atopen nunha situación de pobreza ou exclusión social. E que o fagan asumindo as 15 propostas do “Compromiso coas Persoas”.

Mais información:

¡A nos non nos exclúe ninguén!. Manifesto do 17 de outubro. Dia Internacional para a erradicación da pobreza.

Informe El Estado de la Pobreza) EAPN España. Datos INE 2013

El Pacto contra la Pobreza. Propuestas de EAPN España ante las elecciones 2015

Propostas da Coordinadora Galega de ONG de Desenvolvemento. Eleccións Municipais 2015

Documento Marco Propostas inclusión dereitos das persoas con discapacidade. CERMI Galicia

Plataforma del Tercer Sector: Decálogo de Propuestas electorales en materia social e inclusión ante las próximas elecciones municipales 2015

¿COMPROMÉTESE COAS PERSOAS, CANDIDAT@?

Dona/D………………………………………………………, candidata/o polo……………………………………….. nas Eleccións Municipais do 24 de maio de 2015 ao concello de …………………………………………

Comprométome, de ser elixido, a ter como principal prioridade a mellora da calidade de vida e a dignidade das persoas do meu concello ás que represento e defendo, en especial ás que se atopen nunha situación de pobreza ou exclusión social. Impulsarei para iso un Pacto contra a Pobreza e pola Inclusión Social no que se contemplará como mínimo o seguinte:

  1. Ao final do 2016, reducir polo menos nun 15% o total das persoas que no meu concello se atopan en situación ou risco de pobreza e exclusión. Apostando pola inclusión activa e dedicando á partida de Actuacións de protección e promoción social un mínimo de 110 euros habitante/ano (media concellos e deputacións galegas no 2013).
  2. Se, ao final do 2016, non se tivesen acadado as dúas metas anteriores, presentarei a miña dimisión.
  3. En toda a lexislatura, reducir, cando menos, nun 25% o total de persoas que se atopan en situación de risco de pobreza e exclusión. E destinar á partida de Actuacións de protección e promoción social un mínimo de 160 euros por habitante/ano.
  4. Aumentar a taxa de ocupación polo menos un 10% ao final do 2016.
  5. Priorizar nos orzamentos municipais aqueles investimentos, gastos e actuacións que aseguren a consecución dos compromisos anteriores, implicando a toda a cidadanía na loita contra a pobreza e a exclusión social.
  6. Establecer no 2015 un Plan con obxectivos específicos e cuantificables de inclusión social e laboral dos grupos vulnerables.
  7. Establecer no 2015 un Plan urxente de Accesibilidade para asegurar a plena inclusión das persoas con calquera tipo de discapacidade.
  8. Aplicar decididamente o enfoque de Inclusión Activa non asistencialista, asegurando que cada persoa en risco de pobreza ou exclusión dispón, no prazo máximo de 10 días hábiles, dun profesional de referencia.
  9. Cumprir no 2015 os prazos establecidos na Lei 13/2013 de Inclusión Social de Galicia para a resolución da RISGA.
  10. Fomentar a máxima coordinación e corresponsabilidade política e técnica na loita contra a exclusión: En todas as áreas municipais do concello, cos concellos limítrofes, Xunta de Galicia, deputacións e FEGAMP. Tamén coas ONG implicadas, fomentando o diálogo civil.
  11. Non admitir o lucro na loita contra a pobreza e a exclusión, implantando cláusulas sociais na contratación pública.
  1. Procurar que se reforme a Lei 27/2013 de racionalización e sostenibilidade da Administración Local para recoñecer os servizos sociais comunitarios.
  1. Entender a cooperación para o desenvolvemento como unha política social pública máis e destinar o 0,2% do total do orzamento á loita contra a pobreza en países empobrecidos.
  1. Fomentar a transparencia e a rendición de contas: Informes de Impacto Social, audiencia coas persoas en pobreza e risco de exclusión do concello, mecanismos ambiciosos e áxiles de publicidade e rendición de contas de carácter público e accesible.
  1. Creo no compromiso, na esixencia e na transparencia, obrigándome a denunciar calquera posible actuación ilegal no concello, asumir a miña responsabilidade política ante imputación xudicial e reparar no seu caso os posibles danos causados á corporación ou á sociedade civil.

Texto completo:

Descarga en pdf

Descarga en Word

Devolver asinado por correo electrónico (info@eapn-galicia.com), postal (EAPN Galicia. Rúa da Muiña 24 15707 Santiago de Compostela) ou manifestalo públicamente no perfil Facebook de EAPN Galicia ou na conta de Twitter @EAPNGalicia baixo o hashtag #Pobreza24M.

ADHESIÓNS DE CANDIDAT@S.

Pontevedra. PSdeG-PSOE Tino Fernández

Lalín. PSdeG-PSOE Nicolás González

Cambados. PSdeG-PSOE Fátima Abal

Sober. Unidade Popular Sober

Pontevedra. Marea Pontevedra

Vigo. BNG-Asembleas Abertas Serafín Otero

Santiago de Compostela. PSdeG-PSOE Francisco Reyes

Ames. BNG-Asembleas Abertas David Santomil

Vilagarcía. Somos Maioría Gaspar González

Teo. PSdeG-PSOE Uxia Lemus

Ferrol. PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo

Teo. Son de Teo-Anova Rafael Sisto

Narón. Ciudadanos Hugo Rodríguez (excepto 2 y 13)

Pereiro de Aguiar. Son de Pereiro de Aguiar Jorge González

Ourense. BNG-Asembleas Abertas Susana García

Ames. Iniciativa Cidadá – Ames Novo Pilar Candocia

Arteixo. PSdeG-PSOE Martín Seco

Baiona. EU-Son Baiona Silvano Montes

Santiago de Compostela. Compostela Aberta Martiño Noriega

Ourense. Ourense en Común Miguel Doval (excepto 1,2,3 e 4)

Ferrol. Marea Artabra José Mª Hernández

Pídelle as persoas candidatas ao teu concello que asinen o Compromiso coas persoas:

 

  • Diríxete a eles. Envíalles un e-mail ou mesmo unha carta.
  • Pregúntalles directamente. Podes facelo por Facebook, Twitter, desde o teu blog ou coas redes sociais que queiras. E usa a etiqueta #Pobreza24M (verás que non estás soa).
  • Consulta e difunde os datos de pobreza ou exclusión do teu concello e os retos que na súa redución ou no aumento do orzamento social terá a túa vindeira alcaldesa / alcalde.
  • O teu móvil é un medio de comunicación. Comparte o teu selfie coa etiqueta #Pobreza 24M ou fotos e vídeos do que che preocupa ou che indigna no teu concello. Ou tamén do que che ilusiona e cres que merece ser difundido.
  • Colabora coas ONG que traballan coas persoas en pobreza e risco de exclusión e difunde as súas demandas. Neste mapa tes as 125 que formamos EAPN, e aquí as que as que integran a Coordinadora Galega de ONGD.
  • Se xa colaboras ou traballas nalgunha entidade social, fai rede con outras ONG. Difunde a campaña, organiza algunha xornada ou debate entre candidaturas para falar da pobreza e a exclusión no teu concello, implica aos medios de comunicación….
  • Se militas nalgunha forza política ou es candidata/o: ademais de asinar o compromiso, envíallo aos teus compañeiros de partido noutros concellos e pídelles que creen debate sobre as propostas para loitar contra a pobreza ou a exclusión.

Ti es protagonista antes, durante e despois das vindeiras eleccións. Participa.

E faino sempre mantendo un dos principios democráticos imprescindibles que defendemos día a día nas nosas organizacións e en EAPN Galicia: propostas en positivo e co máximo respeto , especialmente con quen esteamos máis en desacordo.

#Pobreza24M

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies