En resposta á situación de emerxencia actual, habilitamos este espazo web que esperamos poda servir de utilidade tanto a organizacións de acción social galegas como á cidadanía no seu conxunto. Nel publicaremos e farémonos eco das últimas novas, iniciativas e demandas das entidades do Terceiro Sector de Acción Social, porque nesta crise do COVID-19 a coordinación na loita contra a pobreza e a exclusión social se fai máis necesaria que nunca.

 

Última hora

13/06/2020: DECRETO 90/2020, do 13 de xuño, polo que se declara a superación da fase III do Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia do COVID-19, aprobado mediante o Acordo do Consello de Ministros do 28 de abril de 2020 e, polo tanto, a entrada na nova normalidade, con efectos desde as 00.00 horas do día 15 de xuño de 2020.

12/06/2020: ORDE do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas económicas ás familias de persoas usuarias de centros de atención diúrna de persoas maiores e con discapacidade durante a situación de suspensión deste servizo como consecuencia do COVID-19, a través do Bono coidado extraordinario á dependencia (código de procedemento BS900B)

12/06/2020: ORDE do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás familias con nenas e nenos de ata doce anos de idade para a conciliación na situación xerada pola COVID-19 a través do programa Bono coidado extraordinario (código de procedemento BS900C).

12/06/2020: ORDE do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas económicas ás entidades privadas e de iniciativa social para o mantemento dos centros de día de persoas maiores dos que son titulares durante a situación de suspensión deste servizo como consecuencia do COVID-19 (código de procedemento BS900A)

 

 

 

 

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies