Estes son os compromisos políticos que marcarán a lexislatura da reconstrución social en Galicia

0 102
Análise das propostas electorais das forzas políticas con representación no Parlamento de Galicia e o seu nivel de acordo coas demandas de EAPN Galicia
PP, BNG e PSdeG teñen un alto nivel de consenso nos seus programas en medidas sociais chave para as persoas en situación ou risco de pobreza e/ou exclusión social

 

No marco dunha campaña electoral marcada pola crise derivada da COVID-19, desde EAPN Galicia e as súas entidades membro lanzouse a campaña ‘As persoas primeiro. Propostas EAPN Galicia contra a pobreza e a exclusión social perante as Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020‘. Coa etiqueta #PobrezaGalicia, reclamaronse 15 grandes propostas e 64 medidas para imprantar na nova lexislatura.

A análise dos programas electorais das tres forzas políticas que acadaron representación, PP, BNG e PSdeG-PSOE, conclúe que hai un elevado grado de consenso en bastantes das súas propostas. Asemade, estes puntos en común conforman un bo comenzo para o acordo das medidas sociais para a reconstrución social tanto na administración autonómica como local, onde se poñan ás persoas en primeiro plano.

O Partido Popular de Galicia asume, total ou parcialmente, estas propostas de EAPN:

Rentas Mínimas

  • Aumentar cobertura do Ingreso Mínimo Vital naquelas persoas non beneficiarias do mesmo que vivan en Galicia. En concreto, aseguran que “reorientaremos parte do orzamento da RISGA para complementalo [o Ingreso Mínimo Vital]“.

Vivenda digna

  • Loitar contra a exclusión residencial: financiando obras de rehabilitación e accesibilidade, facilitando o acceso en réxime de alugueiro social, penalizando as vivendas baleiras ou perseguindo a infravivenda de alugueiro. O PP comprométese a “fomentar o alugueiro das vivendas baleiras con novos incentivos a propietarios” e a “poñer en marcha a rehabilitación de preto de 3.000 vivendas“.
  • Plena implantación do Plan de Atención ás Persoas sen Fogar en Galicia 2019-2023.
  • Plan para a renovación de electrodomésticos en familias en pobreza.

Infancia e mocidade

  • Elaboración da Lei Galega da Infancia.
  • Educación de 0 a 3 anos universal e gratuíta.
  • Despregamento da Rede Galega de Atención Temperá ao 100% da poboación galega.
  • Posta en marcha do Plan de Choque contra a pobreza en familias Monoparentais.
  • Fortalecer os programas de apoio á autonomía persoal e emancipación da mocidade que abandona o sistema de protección e xustiza xuvenil.
  • Establecemento de medidas de prevención da ludopatía e regulación dos centros de xogo.

Coordinación institucional

  • Impulso da Axenda Social de Galicia entre Xunta de Galicia, FEGAMP e Terceiro Sector Social.
  • Creación dunha comisión mixta entre Administración Autonómica e FEGAMP para acordar competencias.
  • Elaboración da Estratexia de Inclusión Social 2021-2027.

Emprego digno

  • Deseñar actuacións específicas para mocidade que abandonan ou ten dificultades para manterse no sistema educativo, ou de familias en situación de pobreza severa. Proponse medidas como “favorecer a inserción laboral da mocidade a través dun programa de prácticas remuneradas” ou a “apertura dunha Oficina Virtual de Orientación Xuvenil“.
  • Fomento do emprego de calidade potenciando a creación de empresas e iniciativas de economía social e solidaria e a súa participación nos procesos de contratación pública.

Accesibilidade

  • Accesibilidade en infraestruturas e edificios públicos ou privados para asegurar a plena inclusión de todas as persoas.
  • Erradicar “limbo da dependencia” mentres a Administración Xeral do Estado non cumpre coa súa responsabilidade, incrementando recursos e servizos.
  • Medidas de accesibilidade cognitiva (lectura fácil, pictogramas,…).

Medio Rural

  • Defensa dos servizos públicos de educación no medio rural. Con medidas como un “Plan estratéxico de escola rural“, ou de fomento da “formación universitaria no rural galego
  • Fomentar na contratación pública o emprego local digno coa creación de cooperativas e empresas da economía social e o consumo dos recursos do territorio. Concretamente propón “compra pública responsable (…) mediante a activación de cláusulas contractuais que valoren criterios como o fomento do emprego local ou a proximidade do produto“.

Violencia Machista

  • Estratexia Galega contra a violencia machista, en especial a máis extrema (prostitución, trata, senfogarismo). Comprométese a elaborar o “Plan galego contra a trata e a explotación sexual
  • Aumento dos recursos residenciais existentes para mulleres que sofren violencia machista e outras situacións de exclusión.

Plan galego contra a soedade non desexada

Burocracia

  • Posta en marcha do Concerto Social plurianual nos servizos sociais.

Loita contra o odio

  • Impulso ás Oficinas de Atención as Vítimas como mínimo nos 7 principais xulgados galegos.
  • Actuacións de formación e implicación da cidadanía na loita contra calquera tipo de prexuízo ou discurso do odio.

 

O consenso como necesidade para a reconstrucción social

 

A necesidade dunha aposta clara polas persoas require dun traballo conxunto por parte das forzas políticas do Parlamento galego que debe tamén ser efectiva nos concellos e deputacións nos que gobernan e na FEGAMP. Nesta liña, trala análise dos programas electorais de PP, BNG e PSdeG-PSOE hai un elevado nivel de coincidencia en materias como:

  • Aumentar importes cobertura do Ingreso Mínimo Vital.
  • Loitar contra a exclusión residencial severa, financiando obras de rehabilitación e accesibilidade, facilitando o acceso ao alugueiro social e penalizando as vivendas baleiras.
  • Elaboración da Lei Galega da Infancia.
  • Educación de 0 a 3 anos universal e de balde.
  • Despregamento da Rede Galega de Atención Temperá.
  • Pacto Galego de Educación Inclusiva.
  • Plan de Choque contra a pobreza en familias Monoparentais
  • Loita contra a ludopatía e regulación dos centros de xogo.
  • Comisión mixta entre Xunta e FEGAMP para acordar competencias.
  • Estratexia de Inclusión Social 2021-2025.
  • Deseño de actuacións específicas para mozos e mozas que abandonan ou teñen dificultades para manterse no sistema educativo, ou de familias en situación de pobreza severa.
  • Fomento do emprego de calidade potenciando a creación de empresas e iniciativas de economía social e solidaria e a súa participación nos procesos de contratación pública.
  • Accesibilidade universal en infraestruturas e edificios públicos ou privados.
  • Defensa dos servizos públicos de educación no medio rural.
  • Aumento recursos residenciais existentes para mulleres que sofren violencia machista.
  • Loita contra a fenda dixital en persoas e ONG.

 

En menor medida, pero tamén hai posibilidades de acordo en medidas como:

 

  • Erradicación do chabolismo e a infravivenda en todo o territorio galego.
  • Asegurar o dereito á inclusión sociolaboral e a un acompañamento estable dende os Servizos Sociais Comunitarios e as organizacións do Terceiro Sector Social.
  • Garantir a dotación de recursos específicos para infancia e mocidade con enfermidades mentais.
  • Asegurar o interese superior do menor por encima dos recursos do sistema de protección ante calquera situación de desamparo ou violencia.
  • Fortalecer os programas de apoio á autonomía persoal e emancipación da mocidade que abandona o sistema de protección e xustiza xuvenil.
  • Ampliar ao 7% a reserva de mercado da Xunta de Galicia para empresas de inserción e centros especiais de emprego (sen ánimo de lucro).
  • Impulso formación persoalizada e adaptada á demandado mercado de traballo para favorecer a a inserción sociolaboral de persoas en risco de pobreza en novos nichos de emprego.
  • Favorecer a renovación da vivenda rural e a súa mobilización.
  • Plan de Choque antiburocracia urxente que como mínimo resolva todos os expedientes pendentes.
  • Fomento do dialogo civil e Lei do Terceiro Sector de Acción Social.

 

Documento detallado da análise dos programas electorais

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies