Galicia retrocede na loita contra a pobreza severa

0 617
Comparte!

A pesares do aumento do orzamento e de persoas perceptoras da RISGA, no período 2014-2015 Galicia retrocede dende o noveno ata o undécimo posto entre todas as Comunidades Autónomas.

O conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia comprométese a publicar por fin no 2017 o Decreto que desenvolva a Lei de Inclusión galega.

Taxa perceptores RISGA

Os últimos datos presentados no Informe de rendas mínimas de inserción (2015) elaborado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, revelan que a nosa Comunidade Autónoma qúedas atrás nos número de persoas perceptoras de rendas mínimas (en Galicia a RISGA) superada por Andalucía e Canarias no ranking nacional.

A nivel estatal, o número de perceptores ascendeu ás 323.406 persoas en 2015, e se temos en conta aos beneficiarios indirectos e non unicamente á persoa titular da renda, a cifra elévase ata as 789.672 persoas. Os datos a salientar de dito informe son os seguintes:

 

  • 13.848 persoas percibiron unha RISGA en Galicia no 2015, un 12,8% máis que no 2014 (12.071). Por debaixo da media de todo o estado, que creceu un 18,3%.
  • Galicia retrocede 2 postos no ranking de CCAA ata o número 11, cando no 2014 era a 9ª. Foi superada por Andalucía e Canarias, aínda que é necesario apuntar que en Galicia o aporte medio anual por persoa é superior a estas dúas (3.626€ Galicia, 3.251€ Canarias e 1.725€ Andalucía).
  • 5 de cada 1000 persoas perciben unha RISGA en Galicia. A media estatal é case de 7 e comunidades como Castela e León ou Asturias supón 6,2 e 19,3 respectivamente. En Euskadi 36,7 de cada 1000 persoas a percibe, 7 veces máis que Galicia.
  • Este retroceso tamén se manifesta na contía mínima da RISGA que é de 399€/mes fronte aos 426 de Castilla y León ou os 442 de Asturias. A moita de comunidades como Navarra ou o País Vasco, cunha mínima de 548,5 e 665.9€/mes.

 

O decreto da RISGA no 2017

Estes datos explicarían en parte que a pobreza severa en Galicia (persoas con ingresos inferiores a 330€/mes) aumentara no 2015 ata as 132.000 persoas (4,8%), 36.000 máis que o ano anterior.

IMG_20170228_101957 2Esta información e a necesidade de afrontar a pobreza severa, púxose onte de manifesto na xuntanza da Xunta Directiva de EAPN Galicia co conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela.

Nesta xuntanza valoráronse positivamente os resultados das actuacións prevista na Axenda Social, compartidos entre a Xunta de Galicia, FEGAMP e EAPN Galicia, como representante do Terceiro Sector de Acción Social galego. Vendo a necesidade da súa avaliación detallada do cumprimento dos compromisos de cada parte e de reforzala e ampliala nesta nova lexislatura, asegurando unha imprescindible coordinación política e técnica entre administracións e Terceiro Sector.

A mellora sustancial da Renda de Inclusión Social de Galicia foi tamén tratado na xuntanza, axilizando prazos, reducindo burocracia e asegurando que poida ser compatible con ingresos puntuais ou o emprego e un proceso de inclusión normalizado para cada persoa.

Neste senso, o Conselleiro comprometeuse a publicar neste ano 2017 o decreto que desenvolva á Lei de Inclusión, que, aínda con tres anos de retraso segundo os prazos marcados pola mesma Lei, permitiría que estas medidas se levasen a cabo dun xeito efectivo.

Gasto RISGA por CCAA

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies