Integrado por persoas membro de ACCEM Galicia, ACPP Galicia, Boa Vida Inclusión Activa, Down Galicia, Emaus Fundación Social, Fundación Juan Soñador

Liñas de Traballo:

1- Estratexia 2020: difusión do seguimento e propostas da nova Estratexia Europea Post-Lisboa, para o período 2011-2020. Fitos: Seminario “A nova estratexia Europa 2020”. 2 de xullo de 2010, Santiago de Compostela.

2- Dinamización da Participación nos Órganos Consultivos e de Asesoramento – Novas Propostas de Participación. Mandato Asembleario Decembro 2009. Fitos: Resolución 1/2010 de Participación Efectiva.

3- Participación: Organización do Encontro Galego de Participación, previo ao I Congreso Estatal de Participación de Persoas en situación de Vulnerabilidade, Pobreza e Exclusión Social en España; así coma das outras actividades vinculadas ao Ano Europeo 2010 de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social. Fitos: I Encontro de Cidadanía Inclusiva. 10 de Abril de 2010, Santiago de Compostela.

4- Celebración do Día Internacional de Loita Contra a Pobreza, Outubro 2010. Fitos: Organización do Concurso de Fotografía sobre Inclusión Social e a exposición subseguinte no Parlamento de Galicia, que enmarcará a lectura do Manifesto de Cidadanía Inclusiva no Pleno anterior á efeméride.

5- Diálogo Civil: Mandato asembleario para a elaboración dunha proposta de resolución. Asemblea Xeral de EAPN Galicia, 25 de xuño de 2010.

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR