A estratexia Europa 2020 nas Comunidades Autónomas. Dous fitos contra a pobreza e a exclusión social: 2015 e 2020

O 17 e 18 de novembro terá lugar en Santiago de Compostela o Seminario “A Estratexia Europa 2020 nas Comunidades Autónomas: Dous fitos contra a pobreza e a exclusión social: 2015 e 2020” na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

O Seminario ten como principais retos: facer efectivas as políticas de loita contra a pobreza e a exclusión social, garantir a participación cidadá en todo este proceso, especialmente das persoas en situación ou risco de pobreza e/ou exclusión social e determinar o papel do Terceiro Sector de Acción Social como actores das políticas sociais no contexto da crise.

Ademais, pretende situar a realidade da pobreza e a exclusión social en España e en Galicia no primeiro plano da axenda política e mediática, así como mostrar a importancia que un Terceiro Sector de Acción Social articulado e con capacidade de incidencia e o seu voluntariado teñen na implantación de políticas de inclusión social.

A Rede Europea de Loita contra a Pobreza (EAPN-ES), da que forma parte EAPN Galicia, así como a maioría das principais redes de organizacións non lucrativas e de voluntariado, como a Plataforma de ONG de Acción Social (POAS), a Plataforma do Voluntariado (PVE) ou o Comité Español de representantes de persoas con Discapacidade (CERMI) iniciaron un proceso de traballo conxunto que pretende impulsar unha Estratexia de Inclusión Social en España para a próxima década. Para isto, propoñen os obxectivos e medidas clave que ha de ter, así como un seguimento efectivo a nivel da comprometido pola Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomasao aprobar o Plan Nacional de Reforma.

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR