II FORO SOBRE POBREZA, EXCLUSIÓN SOCIAL E VOLUNTARIADO

II Foro Pobreza– EAPN-Galicia e EAPN-Es organizaron por segunda vez o Foro sobre Pobreza, Exclusión Social e Voluntariado en Santiago de Compostela. – Tivo lugar o pasado 28 e 29 de xuño, na o Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. O tema central do Foro foi Déficit Público vs. Déficit Fiscal, aínda que tamén tratamos outros como as prioridades do investimento social en Galicia, a corresponsabilidade na superación da pobreza ou a situación actual das políticas sociais. O acto inaugural correu a cargo de Coro Piñeiro, Secretaria de Política Social da Xunta de Galicia, Nieves Lagares, Decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais e David Silva, Presidente de EAPN-Galicia. Contamos con relatores como Carlos Cruzado, Presidente do Sindicato de Técnicos do Ministerio de Facenda, que analizou o sistema impositivo español para demostrar que a través dunha reforma dos tributos e dunha maior persecución da fraude fiscal lograriamos saír da crise. Sinalou que “do total da fraude fiscal en España un 75% débese ás grandes empresas” e se “reducimos a fraude fiscal ao nivel do resto de países da UE, non habería que facer recortes en educación e sanidade”. Jose Manuel Ramírez, Presidente da Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, demostrou que en contra do que se cre en moitos sectores “os servizos sociais non son determinantes do déficit das Comunidades Autónomas”. Recalcou a necesidade de que “os Servizos Sociais teñen que estar na axenda política”. Na súa intervención puidemos reflexionar sobre a situación dos Servizos Sociais en España e en Galicia, a lei de dependiencia e o sobreendeudamiento familiar. Outro dos relatores foi Humberto García, Vicepresidente de EAPN-Es e Subdirector de Acción Institucional da Fundación Secretariado Xitano que analizou as alternativas para afrontar a situación na que vivimos. Destacou que “o gasto social é un investimento”. Entre os asistentes, había persoal da Administración, membros da comunidade universitaria así como técnicos e xerentes de diferentes entidades sociais.

DOCUMENTACIÓN

Humberto García. Conf Clausura Tenemos Alternativas
Angeles Rodiño. Medidas de emerxencia para afrontar a crise
J.M Pérez. Cidadanía e Evasión Fiscal
Francisco Barona. Ciudadanía y Evasión Fiscal
Francisco Barona. Economía sumergida en Galicia
Francisco Barona. Propuestas de GESTHA
Isabel Novo. Economía y Sociedad
Juan G. Cabo. O papel do coop na superación da crise
J.M Ramírez. Situación actual de los Servicios Sociales
Eva Gutiérrez. Coloquio. Medidas emerxencia para afrontar a crise

 

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR