Xornada: O agravamento da Fenda Dixital en tempos de confinamento

0 193
O 26 de xuño, EAPN Galicia organiza esta xornada online técnica, de reflexión e formulación de propostas para reducir as barreiras tecnolóxicas e dixitais no acceso aos dereitos.
Está tamén aberta unha enquisa coa que se quere coñecer como está a afectar a fenda dixital ás persoas en pobreza ou exclusión a raíz da COVID-19

A xa existente fenda dixital tornouse nunha das barreiras tecnolóxicas e dixitais no acceso aos dereitos das persoas en pobreza ou exclusión social, agravada durante a pandemia e o confinamento. Durante esta etapa, a gran maioría das actividades das entidades e administracións estanse a reformular para realizarense en espazos dixitais (videoconferencias, webinars, formación online… ).

Tamén en EAPN a maioría das nosas actividades xa se están realizando ou están en proceso de adaptación a estes espazos, e foi neste proceso, que o Grupo de Participación da Rede se decatou da crudeza desta dificultade engadida, que xa o era antes, pero que agora se pon máis de relevancia: a fenda dixital que impide a participación das persoas en vulnerabilidade. Tanto no que se refire á posibilidade de acceder ás ferramentas TIC, como ás necesarias competencias para a sua utilización posterior.

Esta xornada pretende facilitar un espazo de reflexión e formulación de propostas sobre a situación actual en canto ao acceso ás tecnoloxías e ferramentas online das persoas en situación de pobreza e exclusión, na que tamén exista un espazo para o intercambio de boas prácticas e experiencias en marcha.

O debate e as propostas xirarán en torno ás dúas dimensións principais que nos afectan en canto á fenda digital:

  1. Como afecta ás persoas?
    Acceso a dereitos e recursos públicos durante e despois do estado de alarma.
  2. Como afecta ás entidades?
    Desenvolvemento de programas, proxectos e actividades dentro das entidades e organizacións.

Podes inscribirte no seguinte enlace ata o día 22 de xuño:

FORMULARIO DE INSCRICIÓNS (Pechado)

Para acompañar o traballo que se realizará o día 26, realizouse unha unha enquisa coa que se quiso coñecer como está a afectar a fenda dixital ás persoas en pobreza ou exclusión a raíz da COVID-19 e as posibles propostas de mellora que permitan prantexar medidas de incidencia. Estivo dirixida a participantes ou usuarias, profesionais, directivas ou voluntarias, dunha ONG ou da administración pública.

Os resultados iniciáis da mesma que serán enriquecidos no Seminario, son os seguintes:

Resultados consulta fenda dixital EAPN Galicia 250620

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies