A Exposición “PRIORIDADE 1: POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL” continua o seu percorrido por Galicia
— 23 Xullo, 2014 Comentarios desactivados en A Exposición “PRIORIDADE 1: POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL” continua o seu percorrido por Galicia 277Ata o próximo 8 de xaneiro na Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra
A mostra, composta por algunhas das fotografías que se presentaron ao III Concurso Fotográfico Pobreza e Exclusión Social estará ata o próximo 8 de xaneiro na Biblioteca Antonio Odriozolade Pontevedra. A exposición, organizada organizado por EAPN-Galicia, pode verse de luns a venres de 09:00 da mañá ata as 21:00 da noite e o sábado de 09:00 a 14:00.
Dende a perspectiva dos seus fotógrafos amósanse situacións, momentos representativos da vida diaria de persoas en risco de exclusión ou en situación de pobreza pero con dignidade. Con isto preténdese situar ás persoas no primeiro plano, elas son as protagonistas e elas son as que falan, a través das imaxes, das súas vidas. Os retos aos que se enfrontan, os problemas cos que viven son o eixo desta exposición coa que poñer voz e reivindicar os seus dereitos, uns dereitos que os poderes públicos teñen a obriga de defender.
Neste senso, o Director de EAPN-Galicia –Xosé Cuns- lembrou durante a inauguración da mostra que “non podemos confundir a solidariedade co asistencialismo, son dúas cousas diferentes e moitas veces non nos decatamos. O Estado ten a obriga constitucional de garantir os dereitos, en especial dos sectores máis vulnerables, en risco de exclusión… e os cidadáns non poden substituír esta función esencial”.