Agora é cando se deben cumprir os compromisos electorais. As palabras xa non abondan.

0 465
Comparte!
EAPN Galicia presenta un informe analizando aquelas medidas nas que xa hai consenso e acordo entre as distintas forzas políticas.

Coincidindo coa formación do goberno autonómico, EAPN Galicia quere lembrar as distintas forzas políticas a obriga de cumprir cos compromisos electorais, en especial aqueles nos que xa hai un elevado grado de consenso.

Coa campaña “As persoas primeiro, reclamouse ás formacións políticas que incluíran no debate electoral a situación de risco de pobreza ou exclusión de 700.000 galegos e galegas.

Baixo a etiqueta #PobrezaGalicia e o lema “Compromisos, Coordinación, Causas e Dialogo Civil contra a pobreza e pola inclusión social” presentouse na web, na que ademais de difundir as demandas do Terceiro Sector Social galego, se comparaban as propostas das distintas opcións políticas e se fornecía á cidadanía de información sobre a exclusión.

Cando se van enterar de que o importante son as persoas

O decálogo de propostas “As persoas primeiro” recollía demandas e actuación a desenvolver para poder encamiñar as políticas sociais a erradicación da pobreza e a exclusión.

Destas propostas, o Partido Popular de Galicia comprometeuse explicitamente a cumprir:

  1. Erradicación do chabolismo e a infravivenda en todo o territorio galego.
  2. Regulamento e implantación inmediata do Complemento por Vivenda previsto na Lei 10/2013 de Inclusión Social de Galicia.
  3. Programa de aluguer de vivendas publicas, aluguer social e axudas ao aluguer
  4. Plan específico de prevención e detección de desafiuzamentos por impago de hipoteca ou aluguer.
  5. Estratexia galega para Persoas Sen Fogar. Imprantando a Estrategia Nacional 2015-2020
  6. Plan específico de apoio a familias monoparentais e monomarentais.
  7. Ampliación inmediata ata os 3 anos de idade do Cheque Benvida para nenas e nenos en pobreza.
  8. Participación xuvenil nos organismos públicos que propoñan, aproben , fagan seguimento ou avaliación nas políticas de mocidade
  9. Implantación da Estratexia de Inclusión Social 2014-2020.
  10. Axenda Social de Galicia: Coordinación política e técnica entre a Xunta de Galicia, deputacións e concellos (incluída a FEGAMP) e Terceiro Sector de Acción Social.

Unha lexislatura para á coordinación e o traballo conxunto

Na nova lexislatura esíxese Coordinación, unha das 4 “C” da campaña de EAPN Galicia e cuestión clave para o PPdeG, sendo tamén recollida nos programas de PSdeG, EnMarea e BNG.

Neste senso, ademais do compromiso de todas as forzas políticas de afondar na Axenda social e o traballo coordinado político e técnico entre Xunta, concellos e ONG galegas de acción social, hai un acordo case unánime nas seguintes propostas:

  • Reforzar programas de aluguer de vivendas públicas, aluguer social e outro tipo de axudas ao aluguer
  • Plan específico de prevención e detección de desafiuzamentos por impago de hipoteca ou aluguer
  • Plan específico de apoio a familias monoparentais e monomarentais.
  • Participación xuvenil nos organismos públicos que propoñan, aproben , fagan seguimento ou avaliación nas políticas de mocidade.

portada-informeTamén existe un elevado grado de consenso en materias como:

  • Asegurar a universalidade da Sanidade.
  • Educación inclusiva.
  • Plan de incentivos ao retorno da poboación xuvenil emigrada.
  • Implicar a empresas na formación e en programas de inserción laboral (exemplo FP dual, plans de prácticas sectoriais, etc).
  • Reforzo programas emprendemento social e RSC dirixida a implantación de políticas sociais de formación e emprego.
  • Implantación de cláusulas sociais na contratación pública

Para acceder a información detallada do Informe “Compromiso das formacións políticas na loita contra a pobreza e exclusión social” preme aquí

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies