Comparte!

PARTICIPACIÓN

ENCONTRO GALEGO DE PARTICIPACIÓN E CIDADANÍA INCLUSIVA

I Encontro Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva

O obxectivo principal deste encontro foi construír un espazo no que levar a cabo un intercambio de experiencias, opinións e reflexións que permitan situar a persoa e a súa participación no centro da acción pola inclusión.

Outro obxectivo fundamental foi contribuír ao emponderamento dos que participan coma cidadáns e cidadás, apoiando as súas capacidades para comprender, organizar e reconducir as dificultades e problemas polos que atravesan.

Igualdade: Igualdade ante a lei, non discriminación, diversidade cultural, relixiosa e lingüística, igualdade entre homes e mulleres, dereitos do menor, dereitos das persoas maiores, integración de persoas discapacitadas

Cidadanía: Dereito a ser elector e elixible nas eleccións, dereito a unhaboa administración, dereito de acceso aos documentos, Defensor do Pobo, dereito de petición, liberdade de circulación e residencia, protección diplomática e consular.

Manifesto

Metodoloxía

Programa

Avance de contidos

Dossier

Visita ao Parlamento de Galicia

Ver en ventá nova

II Encontro Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva

O 24 de setembro de 2011 tivo lugar en Santiago de Compostela, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o II Encontro de Cidadanía Inclusiva, organizado por EAPN-Galicia.

O Encontro, dirixido a persoas voluntarias en situación de pobreza e/ou exclusión social, persoas voluntarias de organizacións sociais e persoal técnicos de organizacións sociais, colexios profesionais e administracións públicas, tiña como obxectivo construír un espazo no que se levara a cabo un intercambio de experiencias, opinións e reflexións entre os asistentes.

Durante esta xornada do II Encontro de Cidadanía Inclusiva contamos coa ponencia “Dificultades, posibilidades e retos para unha verdadeira inclusión social” de Graciela Malgesini (EAPN-España), un obradoiro relacionado con este tema, unha Mesa de Boas prácticas e un segundo obradoiro de cómo mellorar a nosa participación e empregabilidade.

As conclusións serán difundidas entre ás institucións públicas e forzas políticas, como se fixera na edición anterior deste Encontro.

Ver en ventá nova

III Encontro Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva

Máis de 70 persoas en risco de exclusión danse cita no III Encontro Galego de Cidadanía Inclusiva que organizou EAPN-Galicia na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o 6 de outubro orientado cara a participación política dado o contexto de campaña electoral.

A conferencia inaugural correu a cargo de Carlos Susías, Presidente de EAPN-Es e levaba por título “Da participación social á participación política”. Destacou que “a pobreza é consecuencia de acción políticas e económicas” e lembroulles aos asistentes que “as entidades sociais son un instrumento para que as persoas en risco de exclusión exerzan os seus dereitos como cidadás e cidadáns”.

Contamos cunha Mesa redonda na que Ana Luísa Bouza (BNG), Maite Cancelo (PP) e José Manuel Civeira (PSdG-PSOE) que presentaron as propostas electorais dos seus respectivos partidos para combater a pobreza e a exclusión social. A representante do PP anunciou que “queremos por en marcha un Plan galego de pobreza infantil” e fixo referencia a nova lei de inclusión que está a piques de ser aprobada. J.M Civeira destacou que dende o PSdeG-PSOE “queremos crear unha estratexia galega polo emprego na que todos esteamos presentes, incluidos os axentes sociais”. Ana Luísa Bouza pola súa parte explicou a necesidade de crear “un mapa galego de recursos sociais incorporando todos aqueles dispoñibles”, que inclúa recursos tanto autonómicos como locais.

Na segunda parte da xornada BOA VIDA INCLUSIÓN ACTIVA, FEAFES GALICIA e ACADAR presentaron as súas iniciativas de participación e ademais das preguntas dos asistentes, algunhas das participantes falaron do que lles aportaron estas experiencias en primeira persoa.

A través de tres grupos de traballo organizáronse unha serie de dinámicas nas que se analizaron as posibles canles de participación e onde os asistentes puideron falar das súas dificultades e coñecer outras realidades. As conclusións que extraeron estes grupos léronse ao final do Encontro e as poñeremos nesta web durante esta semana.

Ver en ventá nova

IV Encontro Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva

Cartel IV EncontroNo Ano Europeo da Cidadanía, o IV Encontro Galego de Cidadanía Inclusiva quere ser un espazo de aprendizaxe e reflexións que potencie o empoderamento das persoas, a súa verdadeira participación social e que apoie as súas capacidades para comprender e reconducir as dificultades e problemas que afectan ás súas vidas.

É un Encontro para as persoas coas que traballamos dende as diferentes entidades sociais, persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social.

Traballaremos sobre catro dereitos fundamentais e os seus correspondentes deberes para coñecelos mellor, defender o seu cumprimento e comprometernos cos deberes que implican: dereito a un nivel de vida axeitado, dereito á saúde, dereito á educación e dereito á xustiza.

Contamos cos coñecementos e experiencias de persoas implicadas cos dereitos da cidadanía, especialmente D. José Julio Fernández (Valedor do Pobo), Carlos Teijo (Profesor de Dereito USC), Xosé Ramos (Nova Escola Galega), Santiago Míguez (Avogado), Juan de Sola (Xornalista) e representantes políticos dos catro grupos parlamentarios.

E a colaboración especial de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), Pedro Brandariz e Down Compostela (celebraremos o Encontro nas súas instalacións da Rúa Alejandro Novo, nº 1 – Conxo)

Ver en ventá nova

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA INCLUSIVA

I Concurso de Fotografía Inclusiva.

I Concurso de Fotografía Inclusiva. I Concurso Fotográfico de Cidadanía Inclusiva. Imaxes no Parlamento. Exposición “Prioridade I: Pobreza e Exclusión Social”. Parlamento de Galicia

O xurado do Concurso, tras analizar as 41 fotografías presentadas, decidiu outorgar os seguintes premios:

1º Premio: SEN VOZ

2º Premio: AS REBAIXAS

3º Premio: XOGUETES ROTOS

Do mesmo xeito, seleccionáronse 29 fotografías que participarán na exposición PRIORIDADE I: POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL, que dende o 15 de outubro estará no Parlamento de Galicia con motivo da celebración do 17 de outubro (Día de Loita contra a Pobreza), nunha primeira etapa que a levará por outras cidades galegas.

Según as bases do concurso, o xúrado estivo composto polo Presidente de EAPN Galicia, o coordinador do Grupo de Participación/Axenda 2020 de EAPN Galicia, a Dirección de EAPN Galicia, a Presidenta do Parlamento de Galicia ou persoa delegada e un fotógrafo profesional.

Ver en ventá nova

II Concurso de Fotografía Inclusiva.

II Concurso de Fotografía Inclusiva. II Concurso Fotográfico de Cidadanía Inclusiva: Fotografías premiadas

O xurado do Concurso, tras analizar as 61 fotografías presentadas (20 mais que na primeira edición), decidiu outorgar os seguintes premios:

1º Premio: OCUPACIÓN ROTA de Elisabet Rodríguez Gándara

2º Premio: ME VOY SI NO TE GUSTA MI COLOR de Lucy Blanco Pérez

3º Premio: NECESIDADE DE COMER de Sandra Cristina Surreira Álves

4º Premio: A GAÑAR!. de Jose María Martínez Villar

Como se contemplaba nas bases, ante a calidade das fotografías presentadas, decidiuse otorgar, ademais do primeiro premio, outros 3 accesit de 200 euros cada un en material fotográfico

Do mesmo xeito, seleccionáronse 28 fotografías que participarán na exposición fotográfica PRIORIDADE I. POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL, que xunto coas mellores fotografías da primeira edición do concurso, está a percorrer diferentes localidades galegas.

Según as bases, o xúrado estivo composto por:

  • Dna Pilar Rojo. Presidenta do Parlamento de Galicia
  • D. Benigno Lopez. Valedor do Pobo
  • D. Santiago González. Presidente de EAPN Galicia (delegado no seu Secretario, D.David Silva)
  • D. Carlos Rosón. Vicepresidente de EAPN Galicia. Comisario da Exposición.
  • Dña. Lorena Añón. Secretaria do Grupo de Participación de EAPN Galicia.
  • D. Guelen Dillo. Grupo de Participación EAPN Galicia
  • D. Xosé Cuns. Director de EAPN Galicia.
  • D. Antonio Porto. Gañador da I Exposición Prioridade 1.
  • D. José Trigo. Fotógrafo aficionado.
  • Dna. María Caramés. Fotógrafa

Ver en ventá nova

III Concurso de Fotografía Inclusiva.

III Concurso de Fotografía Inclusiva. III Concurso Fotográfico de Cidadanía Inclusiva:

O xurado do Concurso, tras analizar as 76 fotografías presentadas, decidiu outorgar os seguintes premios:

1º Premio: CON DUAS BICICLETAS de Juan Antonio Patiño Méndez

2º Premio: FRESH BANKING de Agustín Iglesias Otero

Accésit: TOP MANTA de Juán Quintia Valencia

Estas e outras 25 fotografías participarán na exposición fotográfica PRIORIDADE I. POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL que recorrerá como en pasadas edicións diferentes localidades galegas.

Dende o xurado do concurso e dende EAPN Galicia queremos agradecer esta elevada participación e a calidade das fotografías presentadas.

Según as bases, o xúrado estivo composto por:

David Silva. Presidente EAPN Galicia

Carlos Rosón. Secretario EAPN Galicia e Comisario da Exposición

Eloína Ingerto. Coordinadora do Grupo de participación de EAPN Galicia

Lucy Blanco. 1º Premio no II Concurso de Fotografía Inclusiva

José Trigo. Fotógrafo afeccionado

PREMIOS:

1º Premio: CON DUAS BICICLETAS de Juan Antonio Patiño Méndez

2º Premio: FRESH BANKING de Agustín Iglesias Otero

Accésit: TOP MANTA de Juán Quintia Valencia

OUTRAS IMAXES:

Ver en ventá nova

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies