As ONG galegas reclamánlle a Banesco o mantemento da acción social de Novagalicia Banco
— 24 Xullo, 2014 Comentarios desactivados en As ONG galegas reclamánlle a Banesco o mantemento da acción social de Novagalicia Banco 216A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia), a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento e o CERMI Galicia agardan que a venda das antigas caixas galegas non supoña a desaparición dos orzamentos destinados á obra social. As tres federacións van solicitar unha reunión cos presidentes de Banesco e do Banco Etcheverría para abordar os plans do grupo venezolano.
Nun momento de crise como o actual, o labor contra a pobreza e a exclusión social que desenvolveu cobra aínda maior importancia e nos últimos anos compróbase como a contía destinada a este fin viuse reducida drásticamente. No ano 2010 a obra social das caixas galegas investiu máis de 83 millóns de euros en diversas actuacións para miles de persoas en situación de probreza, maiores ou con discapacidade.
Este ano, os fondos da obra social aforrados no pasado, permitirán a Fundación Novacaixagalicia adicar no 2014 31 millóns de euros a acción social. Baixa a cifra de cartos pero o 22’2% da poboación española e en Galicia 16’8% está en risco de exclusión ou pobreza segundo a última Enquisa de Condicións de Vida.
Unha das claves do percorrido das caixas e o que explica a súa historia foi e sigue sendo a súa obra social. Son moitos os galegos que confiaron nesta entidade para depositar os seus cartos porque sabían que unha parte dos seus beneficios se destinaba obrigatoriamente ao seu labor social.
Por todo isto, as ONG galegas, reclamamos un compromiso firme e sen fisuras por parte de Banesco para que manteña a obra social da entidade ao igual que fai en Venezuela, onde o pasado exercicio económico destinou máis de oito millóns de euros a actuacións deste tipo. Así pois, nos próximos días solicitaráselles aos responsables da entidade unha reunión para coñecer de primeira man cales van ser as liñas mestras no referido á obra social.