Cambiar o paradigma da culpabilización pola defensa dos dereitos e a xustiza social: claves para combater a aporofobia

Un centenar de persoas asistiron ao II Simposio Europeo sobre Aporofobia na Universidade de Santiago de Compostela.

Esta segunda edición abordou a necesidade de avanzar cara a un marco europeo común que recoñeza a aporofobia como motivo de discriminación.

Figuras expertas na materia coinciden na importancia da formación para rachar cos prexuízos e estigmas que derivan na aporofobia.

O II Simposio Europeo sobre Aporofobia consolídase como un encontro referente para avanzar na prevención e erradicación da discriminación contra as persoas en situación de pobreza. Organizado por EAPN España, en colaboración con EAPN Galicia, o encontro celebrouse os días 23 e 24 de setembro na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela.

O Simposio reuniu a algunhas das principais voces institucionais e expertas nesta materia. Figuras como Elena Díaz, relatora Especial das Nacións Unidas sobre pobreza extrema e dereitos humanos; Miguel Ángel Aguilar, fiscal da Sala Coordinadora dos Delitos de Odio e a Discriminación da Fiscalía Xeral do Estado; e María Teresa Verdugo, presidenta da Autoridade Independente para a Igualdade de Trato e a Non Discriminación. O Simposio puxo o foco no avance, que pasa dende o recoñecemento da aporofobia ata o impulso de medidas legais, políticas e institucionais concretas, como a promoción dunha normativa supranacional vinculante que garanta unha protección efectiva contra esta forma de discriminación.

Na inauguración Carlos Susías, presidente de EAPN España e EAPN Europa sinalaba “tenemos que dar un paso más: pasar de nombrar y visibilizar la aporofobia a construir respuestas políticas, jurídicas e institucionales efectivas”. A apertura tamén contou coa presencia de Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela; Rosa Martínez, secretaria de Estado para os Dereitos Sociais; Arturo Parrado, director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia; Marta Lois, decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC; e Ana Pardo, presidenta de EAPN Galicia quen sostivo “combatir la aporofobia exige escuchar a las personas que la sufren y convertir ese conocimiento en políticas y mecanismos de protección efectivos”, reafirmando unha evidencia “la aporofobia es un atentado contra la dignidad humana y los derechos fundamentales”. Estas declaracións deron paso a un minuto de silencio polas máis de 140 persoas que perderon a vida intentando chegar a Ceuta.

Cara un marco europeo para a protección contra a aporofobia

O diálogo introdutorio “Cara a un marco europeo que protexa ás vítimas de discriminación por aporofobia“, introducido e moderado por Ruth Caravantes, xefa de Investigación e Defensa Política en EAPN España, abordou os retos para avanzar cara a unha protección efectiva e homoxénea contra a discriminación por motivos de pobreza en Europa. Un diálogo onde Elena Díaz, Relatora Especial das Nacións Unidas sobre pobreza extrema e dereitos humanos, salientaba a importancia de avanzar cara a accións urxentes e compromisos internacionais lembrando que en Nacións Unidas “hay dos pilares centrales en materia de derechos humanos, que son los tratados internacionales y por otra parte están los procedimientos especiales muy centrados en la garantía y el respeto, la promoción de los derechos humanos”

Pola súa parte Miguel Ángel Aguilar, fiscal da Sala Coordinadora os Delitos de Odio e a Discriminación avogaba por unha “formación de nuestros cuerpos y fuerzas de seguridad, de nuestros fiscales y de nuestros jueces para que tengan la sensibilidad y los conocimientos para la lucha eficaz contra este tipo de fenómenos”, tamén en establecer “protocolos con las profesiones sanitarias, protocolos con los servicios sociales para tratar de aflorar esos hechos porque nuestras víctimas no están muchas veces en condiciones de denunciar”, medidas para mitigar un dos principais desafíos a infradenuncia, a dificultade para demostrar a motivación discriminatoria.

Malia que destacaba o avance en España da incorporación da aporofobia como agravante no Código Penal, sinalaba que non debía ser a única ferramenta para a loita contra ela porque “hay comportamientos que no son delictivos pero que son aporófobos”, “hay que poner en marcha todo el derecho administrativo sancionador” continuaba, mentras aludía a imprescindible prevención que arranca na educación.

Respostas para a garantir os dereitos das persoas que viven na pobreza

O segundo día arrancou co panel ‘Discriminación por aporofobia: respostas para a protección das persoas en situación de pobreza’. Un espazo onde se abordaron obstáculos que atopan as persoas que sofren este tipo de discriminación. Identificar, denunciar e acceder a remedios efectivos, así como a necesidade de mellorar os mecanismos de protección.

Moderado por Xosé Cuns, director de EAPN Galicia, o panel contou coas voces de Marta Cid, membro da Comisión Permanente de EAPN España quen advertiu sobre os efectos da aporofobia institucionalizada que transfire a responsabilidade pola súa propia situación ás persoas en situación de pobreza, obviando as causas estruturais da desigualdade e reforzando o estigma e a discriminación.

Na mesa tamén interveu María Teresa Verdugo, presidenta da Autoridade Independiente para a Igualdade de Trato e a Non Discriminación que lembrou que “la situación socioeconómica condiciona el acceso a derechos y puede agravar otras formas de discriminación”, subliñando a importancia de fortalecer o trato igualitario e a protección efectiva contra a discriminación.

Finalmente, María Dolores Fernández, Valedora do Pobo, poñía en valor o Terceiro Sector como axente que promove e reivindica dereitos, á vez que lembraba o deber da sociedade de “cambiar el paradigma de la culpabilización, caridad, a dignidad, derechos fundamentales y justicia social”.

Do cambio de mirada cara ás persoas en pobreza falou Flor Montes, politóloga e activista argentina que interveu en liña cunha conversa con alumnas de Eduación Social da USC. Co seu libro “Acompañar es político” como telón de fondo, achegáronse conceptos de horizontalidade á hora de acompañar ás persoas en pobreza. Dez principios que poñen ás persoas no centro cun trato igualitario, alén de todo prexuízo. A aporofobia é resultado da potenciación deses estereotipos negativos que poñen o foco na culpa individual en lugar de nas inxustizas estruturais. “En vez de aporofobia, sería más apropiado llamarlo ‘aporodio’” puntualizó Flor Montes.

Políticas baseadas en evidencias e libres de prexuízos

Un dos principais retos sinalados durante o Simposio foi evitar que os prexuízos sobre a pobreza se trasladen ao deseño e implementación de políticas públicas relacionadas cos dereitos sociais. Algúns exemplos sinalados inclúen a burocracia excesiva no acceso ás prestacións ou condicionar o acceso aos dereitos sociais. En vista disto, reclámanse políticas baseadas en evidencias, dereitos e avaliación, capaces de revisar procedementos, requisitos e ferramentas, evitando a reprodución dos estigmas, discriminación ou novas barreiras ao acceso.

Para loitar contra a perpetuación destes estereotipos, antesala da aporofobia, a comunidade universitaria, anfitrioa do Simposio, ten un papel clave. “Acciones con grupos de investigación y con formaciones específicas y sensibilización en materia de aporofobia, en materia de exclusión y contra los delitos de odio en nuestras aulas, en la comunidad universitaria” anunciaba Lorena Añón, vicerreitora da USC na clausura das xornadas, engadindo que son a primeira universidade en asinar a Declaración «Tolerancia y el Respeto frente a discursos de odio y la aporofobia». “La universidad debe ser un ascensor social para el estudiantado”, continuaba, aludindo á realidade do alumnado que atopa barreiras de acceso por motivos económicos. “Sabemos que hay gente que no está llegando y queremos que esa gente llegue en igualdad de oportunidades y condiciones”, concluía.

A discriminación socioeconómica foi outro dos puntos a destacar das xornadas. Facendo fincapé en reforzar a formación dos profesionais sociais e das administracións para detectar estas situacións, mellorar a identificación de incidentes e delitos de odio e garantir mecanismos accesibles para denuncias, acompañamento e reparación. Tamén insistiuse na necesidade de consolidar un marco claro de protección tanto no ámbito administrativo como no penal e avanzar, a nivel europeo, cara a un recoñecemento homoxéneo e vinculante da condición socioeconómica de vulnerabilidade como motivo de discriminación.

EAPN insiste en que a loita contra a aporofobia e a erradicación da pobreza teñen lazos profundos. “La forma más eficaz de acabar con la aporofobia es acabar con la pobreza, pero tampoco será posible erradicar la pobreza sin acabar con la discriminación por aporofobia, que profundiza los procesos de exclusión” sostía Carlos Susías na clausura.

Compartir nas redes

Leave A Comment