Cómo melloramos a participación?
— 21 Marzo, 2017
437
EAPN-Galicia organizou unha xornada formativa e de dialogo sobre a mellora da participación das persoas en risco de pobreza ou exclusión nas organizacións
O grupo de participación da EAPN-Galicia atópase en fase de reflexión sobre as posibilidades de expansión e mellora da participación das persoas en situación ou risco de pobreza e/ou exclusión a diferentes niveis: na propia EAPN e nas entidades que a forman, xa que todas elas teñen tamén procesos participativos na súa metodoloxía de traballo.
Tal e como recolle o Plan Estratéxico 2016-2019 de EAPN-Galicia preténdese promover unha participación igualitaria. Estase a realizar un diagnóstico das posibilidades de participación da base social das entidades nas actividades da rede.
A xornada tivo lugar o pasado xoves 16 de marzo no Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela.
Para a parte teórica do taller, contouse coa presenza de Javier Salgado, coordinador do grupo de participación de EAPN-España, que falou sobre aspectos clave a ter en conta á hora de iniciar e fomentar procesos participativos que inclúan ás persoas en risco de pobreza e/ou exclusión, os principais retos e as ferramentas coas que se pode contar.
Avanzando na xornada, Yosehana Ledesma, coordinadora do grupo galego, dinamizou un debate que partía de tres preguntas clave: Qué facemos ben?, Qué facemos mal? E Cómo melloramos a participación? A continuación preséntanse as principais conclusións extraídas sobre a situación das entidades membro e a EAPN galega:
Fai un comentario