Cómo organizar un evento solidario? 50 profesionais das nosas entidades xa o saben
— 26 Abril, 2018
1445
O Grupo de comunicación de EAPN Galicia organizou o Seminario de organización e creación dun evento solidario

Onte tivo lugar o Seminario de Organización e Creación dun evento Solidario. Organizado polo grupo de Comunicación de EAPN Galicia, foi impartido por Lorena Seijo e Sonia Díaz da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Esta xornada, dirixida a persoal técnico contou coa participación de máis de 50 persoas de vinte das nosas entidades membro de toda Galicia, que tiveron a oportunidade de aprender as claves de organización e produción dos eventos sociais que se levan a cabo dende calquera entidade social, así como de mellorar a súa comunicación.

A xornada tratou de abordar diferentes aspectos coma o que, quen, cando, como, onde, como canto, pero sobre todo POR QUE? de calquera acto, así como os procesos previos de diagnose, organización, montaxe e documentos e ferramentas de utilidade, como os factores de protocolo nos eventos.
O Seminario contou cunha parte práctica onde os participantes, por medio de grupos de traballo crearon nun tempo pre-limitado o seu evento, tratando aspectos coma a programación, as necesidades de produción e recursos humanos, os tempos e os orzamentos disponibles , e mantendo un equilibrio entre todos eles.
Por último realizouse unha introdución a algunhas claves e recursos dirixidos a unha comunicación de calidade por parte da entidade.
Resume avaliacións Seminario eventos EAPN


Fai un comentario