Defendemos un Concerto social que garanta uns servizos sociais de calidade e sen ánimo de lucro para todas as persoas
— 22 Marzo, 2016
1727
CONSEGUIDO! A Lei de Servizos Sociais recolle no seu novo Artigo 33 ter: Obxecto concertos sociais di:
Poderán ser obxecto de concerto social:
a) A reserva e a ocupación de prazas para uso exclusivo das persoas usuarias de servizos sociais ou os colectivos vulnerables, cuxo acceso sexa autorizado polas administracións públicas mediante a aplicación dos criterios previstos na normativa das administracións competentes.
b) A xestión integral de prestacións técnicas, tecnolóxicas, de servizos, programas ou centros.»
EAPN Galicia asistiu a unha reunión convocada polo Grupo Parlamentario Socialista na que defendeu o concerto social como vía de prestación de todo tipo de servizos nos que se prime a calidade fronte o lucro na atención das persoas en risco de exclusión social sen ter en conta o colectivo o que pertencen.
EAPN-Galicia, xunto con outras entidades do terceiro sector, acudiu a unha xuntanza convocada polo Grupo Parlamentario Socialista co obxectivo de mellorar a proposta de modificación dos artigos 29 e 33 da Lei de Servizos Sociais de Galicia presentada polo Grupo Parlamentario Popular o pasado 19 de febreiro.
A principal novidades que introduce a proposta e a figura do Concerto Social, modalidade de xestión indirecta de servizos sociais a través de entidades privadas para a xestión de centros, prestacións técnicas, tecnolóxicas ou servizos.
Seguindo as directrices europeas, o concerto social debe ter como obxectivo asegurar que os servizos sociais non sexan un produto lucrativo para certas entidades privadas e garantir a calidade e a defensa dos intereses das persoas fronte os intereses económicos.
Sempre apostando por ofrecer un discurso o máis inclusivo posible, dende EAPN Galicia demandase que apareza de maneira explícita que os servizos sociais irán destinados a tódalas persoas pertencentes a calquera dos colectivos en risco de exclusión social recollidos na Lei 10/2013 de Inclusión Social de Galicia.
Dende EAPN deféndese tamén que o concerto social recolla a xestión integral de tódalas maneiras nas que se poden ofrecer os servizos sociais, tanto programas como as xa previstas de prestacións técnicas, tecnolóxicas, servizos ou centros.
Fai un comentario