EAPN investiga o impacto das prácticas bancarias nas persoas en pobreza

0 1567
Comparte!
O estudo xurde trala preocupación polas múltiples denuncias de todo tipo de abusos que expresan persoas en pobreza ou exclusión social.
Identificar aquelas entidades bancarias que están aplicando comisións indebidas a persoas perceptoras de rendas minimas ou pensións e incumplindo a normativa contra a exclusión financieira ou analizar a perda de servizos nas zonas rurais son algunhas das claves da investigación.
Durante todo o mes de febreiro dende as organizacións de acción social procurarase a participación do máximo número de persoas en vulnerabilidade posible a través dunha consulta online específica.
Segundo premio

Fresh Banking. Agustin Iglesias. 2º premio III Concurso de Fotografía “Cidadanía Inclusiva: Pobreza e Exclusión Social en Galicia”

 

EAPN España pon en marcha o estudo: “Situación financieira das persoas atendidas por entidades sociais“. Este estudo, impulsado dende EAPN Galicia, xurde da preocupación nas organizacións de acción social polas múltiples denuncias de todo tipo de abusos na súa relación coas entidades bancarias que expresan persoas en pobreza ou exclusión social coas que están a traballar ou directamente nos encontros de participación.

Quérese afondar, banco a banco, nas queixas relativas ao aumento indiscriminado de comisións bancarias ás persoas perceptoras de pensións, rendas mínimas ou todo tipo de prestacións sociais de escaso importe, o que implica de facto un incumprimento do Real Decreto 164/2019, polo que se establece un réxime gratuito de contas de pago básicas en beneficio de persoas en situación de vulnerabilidade ou con risco de exclusión financiera.

Preténdese coñecer tamén a situación e dificultades financeiras dos fogares, a xestión dos recursos, o endebedamento, a fenda dixital no acceso á banca e os servizos bancarios, aspectos conflitivos relativos á xestión, ao exceso e contía das comisións e a falta de crédito, ademáis de problemas como a perda de servizos nas zonas rurais.

O estudo comeza coa difusión desta consulta dirixida a persoas en vulnerabilidade atendidas por entidades sociais a fin de recoller de xeito exhaustivo as situacións que están atravesando en relación con estes problemas. Estará aberta ata o 29 de marzo.

Dende EAPN pregamos a profesionais e voluntarias da administración pública e organizacións de acción social implicadas a axuda na difusión desta consulta e todo o apoio necesario para facilitar que sexa cuberta polo maior número de personas en situación ou risco de pobreza ou exclusión social posible.

Situación financiera de las personas atendidas por entidades sociales. ACCESO A CONSULTA

 

Viñeta cedida por Xaquín Marín

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies