En marcha o Plan Renove para que as familias vulnerables poidan cambiar electrodomésticos
— 2 Xuño, 2020
3526
A convocatoria é unha das medidas propostas desde EAPN Galicia, xurdida nun obradoiro sobre dereito á enerxía.
As familias poderán acollerse a unha subvención do 25%, 50% ou 75% sobre o prezo final do electrodoméstico.
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a nova convocatoria de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética recollendo as propostas formuladas no obradoiro ‘Dereito á Enerxía para Familias Vulnerables‘, organizada por EAPN Galicia e que foron trasladadas no proceso de incidencia política á Xunta de Galicia.
Desde EAPN Galicia valoramos positivamente a reactivación deste Plan, favorecendo claramente que por primeira vez as as familias en situación de vulnerabilidade ou vulnerabilidade severa podan optar a un fogar máis eficiente enerxéticamente.
Que se subvenciona e canto
No novo Plan Renove, subvencionase frigoríficos, frigoríficos-conxelador, conxelador, lavalouzas, lavadora e placa de inducción total. A cantidade subencionada será do 25% do prezo para consumidores en xeral, o 50% do prezo para consumidores vulnerables e o 75% para consumidores vulnerables severos. Con todo, a convocatoria especifica uns límites segundo a tipoloxía de electrodoméstico.
Solicitude
A concesión das axudas respecta a orde de presentación de solicitudes e ate esgotamento de orzamentos. Resérvase, durante o primeiro mes desde a apertura do prazo, un 40% do mesmo a persoas consumidoras vulnerables e vulnerables severas.
Burocracia
Para ter a consideración de consumidor vulnerable ou vulnerable severo (e, por tanto, acollerse ás porcentaxes máis elevadas da subvención) debe aportarse a factura de enerxía eléctrica onde se demostre que a persoa solicitante é tamén titula do bono social eléctrico.
Xestión
Levarase a cabo polas entidades adheridas, as cales daranse a coñecer a través da web do Inega. Asemade, a cantidade subvencionada abónase directamente a estas entidades, polo que as persoas beneficiarias só terán que aportar a cantidade que lles corresponde resultado da aplicación da porcentaxe.
Fai un comentario