III Concurso de Fotografía: “Cidadanía Inclusiva: Pobreza e Exclusión Social en Galicia”

22.07.2014| Off Comments off on III Concurso de Fotografía: “Cidadanía Inclusiva: Pobreza e Exclusión Social en Galicia”|

A presentación de traballos está aberta ata o 15 de maio

IIIConcurso de FotografíaA Rede contra a Pobreza, EAPN-Galicia convoca o III Concurso de Fotografía baixo o lema “Cidadanía Inclusiva: Pobreza e Exclusión Social en Galicia”. Está dirixodo a persoas que participan en programas socias e outros fotógrafos afeccionados.

O concurso aposta pola imaxe fotográfica como motor de inclusión social que nos axuda a facer visibles situacións de exclusión social ante o conxunto da sociedade e pon, a disposición das persoas en situación ou risco de exclusión social, un medio de expresión propio. Todo elo para que os poderes públicos dirixan a súa atención cara os colectivos máis vulnerables, situando ás persoas no primeiro plano da axenda política.

As fotografías presentadas ao concurso deberán estar relacionadas coa temática “A Pobreza e Exclusión Social en Galicia” e poderán reflectir aqueles aspectos que manifesten, de calquera xeito, a pobreza e a exclusión social na nosa comunidade autónoma.

O 15 de maio remata o prazo para a recepción dos traballos. Concederanse dous premios ás mellores imaxes e, unha selección daquelas que reúnan maior calidade ou interese formarán parte da “III Exposición de Fotografía Prioridade 1: Pobreza e Exclusión Social”

Descarga as bases completas (pdf) e accede á ficha de inscripción (Word)

Compartir nas redes