Máis de 3.000 persoas vulnerabilizadas severas puideron renovar os seus electrodomésticos no 2023 a través das axudas do Plan Renove

0 139
Comparte!
Un estudo elaborado por EAPN-Galicia reflicte que 1.360.284 euros dos 2.993.668,25 € reservados para o Plan Renove 2023 foron destinados a consumidores vulnerabilizados es e vulnerabilizados severos, o que suporía un 45% da porcentaxe total. Desde EAPN-Galicia animamos a tódalas persoas que o precisen a solicitar as achegas do Plan Renove xa que puidemos comprobar que as axudas chegan.

O número de persoas vulnerabilizadas que se beneficiaron do Plan Renove de Electrodomésticos 2023 impulsado pola Axencia Instituto de Eficiencia Enerxética da Xunta de Galicia (INEGA) foi superior ao do ano 2022, segundo un estudo comparativo realizado por EAPN-Galicia.

O obxectivo principal deste Plan Renove, é o do emprego racional da enerxía a través de medidas de aforro e eficiencia enerxética. Para isto, o programa pretende renovar electrodomésticos de certa antigüidade por outros novos cunha elevada clasificación enerxética, a través de axudas aos potenciais consumidores. Isto contribuiría a rebaixar a o custo do subministro enerxético e a redución de emisións de efecto invernadoiro.

A porcentaxe da axuda para variará dependendo de se o consumidor se trata dunha persoa vulnerabilizada, que recibirá un 50% do importe total do electrodoméstico adquirido; dunha persoa vulnerabilizada severa que obtería o 75%, ou dun consumidor xeral, ao que lle corresponde un 25%.

Aumento do orzamento no ano 2023

Se comparamos a contía destinada ao Plan no 2022 coa do 2023, esta aumentou en preto de 1.000.000 de euros. No ano 2022 investiuse un total de 1.988.330,69€ fronte aos 2.993.668,25 € no 2023. Tamén se incrementou o número de solicitudes, máis de 13.500 no 2022, superadas polas preto de 20.000 no ano pasado.

Segundo datos recollidos por EAPN-Galicia, a meirande parte dos escritos pertencentes á convocatoria 2022, preto do 80%, corresponden a cidadáns non vulnerabilizados, o 6% a consumidores vulnerabilizados e case un 13% a consumidores vulnerabilizados severos. No 2023 a tendencia mantívose. Do total de solicitudes, 15.061 corresponden a consumidores xerais, o que supón un 77.5% do total; 1.349 a consumidores vulnerabilizados, que baixa ata un 7% e 3.012 a consumidores vulnerabilizado severos, o cal implicou un lixeiro ascenso, xa que corresponde ao 15% do total.

Unha axuda maior para persoas vulnerabilizadas severas

O que resulta salientable das cifras resultantes do Plan Renove 2023 foi a contía que recibiu o colectivo de persoas vulnerabilizadas que solicitaron a axuda.

Do orzamento total, 1.360.285€ foron destinados a persoas deste grupo, sendo os maiores beneficiarios os consumidores vulnerabilizados severos, que recibiron preto de 1.050.000€ para renovar os seus electrodomésticos. Esta cifra é significativamente máis elevada que no ano anterior, cando este colectivo recibiu 616.533€ tendo unha porcentaxe similar de solicitudes en ambas convocatorias.

Pola súa banda, os consumidores vulnerabilizados viron aumentada tamén a súa contía no 2023 malia que o seu incremento non sexa tan significativo.

Deste xeito, poderíamos dicir que no pasado exercicio, o colectivo de persoas en risco de exclusión social recibiu o 45% da cifra total do orzamento destinado ao Plan Renove, un 10% foi percibido por persoas vulnerabilizadas e un 35% por persoas vulnerabilizadas severas.

Como podo solicitar a axuda do Plan Renove?
  • O prazo para solicitar axudar do Plan Renove da Axencia do Instituto Galego de Eficiencia Enerxética (INEGA) abriu o 8 de febreiro e vence o 30 de setembro ou ata esgotar fondos.
  • O orzamento total que se destina a este plan no exercicio do 2024 para a renovación de electrodomésticos por outros dunha maior calidade enerxética é de 2.175.000,00 €.
  • A cantidade subvencionada non poderá ser superior ao 25% para consumidor xeral, 50% para consumidor vulnerabilizado, 75% para consumidor vulnerabilizado severo.
  • Consulta aquí a convocatoria.
  • Preme aquí para consultar a listaxe de entidades adheridas.

 

Consulta aquí ao completo o Estudo Comparativo Plan Renove Electrodomésticos 2020-2023, levabo a cabo por EAPN-Galicia con datos facilitados pola Axencia Instituto Galego de Eficiencia Enerxética, apoiados na Lei de Transparencia

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies