O Informe FOESSA 2013 destaca o aumento da pobreza severa e un incremento da desigualdade que non ten precedentes

22.07.2014| Off Comments off on O Informe FOESSA 2013 destaca o aumento da pobreza severa e un incremento da desigualdade que non ten precedentes|

Informe Foessa“O ano que deixamos ofrece moitas sombras dende a perspectiva dos dereitos sociais, do benestar social, e, en definitiva, dos valores con que se sostén o noso modelo social.

Alcanzáronse máximos históricos en desemprego e grandes aumentos da desigualdade, mentres que os procesos de empobrecemento e de inseguridade económica dos fogares españois chegaron a un punto de difícil retorno.

Os mecanismos de aseguramento da sociedade debilitáronse, e as políticas de austeridade xeraron unha maior vulnerabilidade da sociedade española”.

Así comeza o Informe FOESSA 2013, un referente para entender a situación de pobreza e vulnerabilidade social en España.

O informe completo pódese ler picando sobre o enlace: “Desigualdade e dereitos sociais”

Compartir nas redes