O 3 de marzo o Grupo de Participación Xuvenil de EAPN-Galicia mantivo a súa primeira reunión presencial co fin de ir acordando obxectivos en común.
O Proxecto #JovEU, enmarcado no programa europeo Erasmus + que promove a Unión Europea a través do INJUVE , e que lidera EAPN España, ten como principal obxectivo que a propia xuventude participe na elaboración de propostas as políticas que lles competen.
A través do mesmo, conséguese que mozos e mozas con menos oportunidades e en situación de vulnerabilidade social, atopen canais de participación activa na vida democrática, a través das actividades de Diálogo Estruturado previstas: reunións, conferencias, consultas e actos que van a promover a interacción destes cos responsables da toma de decisións.
Son sete os mozos e mozas que forman o grupo de participación xuvenil de EAPN-Galicia. Persoas residentes en Galicia que desexan ser escoitadas en institucións e partidos políticos, co fin de que as políticas sociais partan da realidade das persoas as cales van dirixidas.
O 3 de marzo mantiveron a súa primeira reunión presencial, na que analizaron as principais preocupacións da xuventude dentro das que destacaron a elevada taxa de desemprego, as problemáticas que xorden na formación e o acceso a vivenda.
Na reunión foron xurdindo tamén propostas en relación a becas formativas, subvencións á contratación de menores de 30 e en torno as canles de comunicación coa xuventude, remarcando que as veces a mensaxe non chega.
Como parte imprescindible deste programa, dende EAPN-España elaborouse unha enquisa virtual dirixida a persoas de entre 18 e 30 anos co fin de poder describir o estado da xuventude (preocupacións, problemas, opinións e propostas de solución,…)
Galicia é a comunidade autónoma na que máis interese espertou esta consulta, aínda así seguimos procurando coñecer a opinión dos MGOs (Moz@s Galeg@s que Opinan)
Se, como o noso grupo, queres que a túa opinión sexa escoitada, non dubides en dedicar cinco minutos para facer esta enquisa e achegarnos así as túas propostas.
PARA PARTICIPAR NESTA ENQUISA, PREME AQUÍ
Fai un comentario