Obradoiro: Como afecta a normativa do Teletraballo ás entidades do Terceiro Sector?
— 5 Maio, 2021
753
O pasado 21 de maio, EAPN Galicia e Fundación Esplai organizaron un obradoiro sobre como afecta o teletraballo ás entidades sociais.
Co obxectivo de coñecer como afecta a normativa do teletraballo ás entidades do Terceiro Sector e as súas implicacións, EAPN Galicia, en coordinación coa Fundación Esplai Cidadanía Comprometida, organizaron unha xornada na que se abordou a explicación do marco xurídico e dos aspectos que se deben ter en conta dende as organizacións sociais.
Así mesmo, se fixo unha abordaxe sobre as principais problemáticas que se presentan á hora de implementar o teletraballo nas entidades, pero tamén das oportunidades que este pode supoñer.
A xornada, que estaba especialmente dirixida a persoal directivo ou xerencias de pequenas e medianas entidades, asistiron persoas de 21 organizacións. Nunha primeira parte proporcionouse información sobre a nova normativa do teletraballo, a diferencia entre teletraballo e traballo a distancia, e as vantaxes e desvantaxes da súa implementación, para rematar coa resolución de dúbidas comúns e prantexamento de propostas de mellora e incidencia política neste eido.
Documentación da xornada
PROGRAMA
10.00h. Benvida EAPN Galicia e Fundación Esplai
10:05h. Como compartir recursos entre máis de 1.000 entidades: unha proposta dende Fundación Esplai Xestión Terceiro Sector.
10:15h a 11:00h. A nova normativa de Teletraballo. Como afecta as entidades?:
- Que é realmente o teletraballo e que non é?
- Que di a normativa? Obrigacións para implantar o teletraballo
- Organización do traballo
- Xestión laboral das situacións de teletraballo
11:00 h a 11:15h. Problemas na implantación do teletraballo
11:15h a 11:40h. FAQS: preguntas máis frecuentes e experiencias coñecidas de teletraballo
11:40h a 12:00h. Quenda de preguntas e intervencións
Fai un comentario