Oferta de emprego: 3 postos para o programa de mobilización de persoas elixibles para o Ingreso Mínimo Vital

Comentarios desactivados en Oferta de emprego: 3 postos para o programa de mobilización de persoas elixibles para o Ingreso Mínimo Vital 2343
Comparte!
EAPN Galicia lanza unha oferta laboral de 3 contratos dun ano de duración para o desenvolvemento dun programa de apoio a persoas en pobreza con dereito ao Ingreso Mínimo Vital pero que aínda non o solicitaron (Non take up)

 

En todo o estado estase a observar que unha boa parte das persoas ás que vai dirixido o Ingreso Mínimo Vital non o solicitaron aínda. Trátase normalmente de persoas en situacións de pobreza severa e de “ruptura social”. Na práctica, ese “Non take up” (NTU), imposibilita o logro das metas previstas co IMV.

EAPN España e todas as redes autonómicas EAPN están a poñer en marcha un proxecto cuxo obxectivo fundamental é reverter esta situación, a través da mobilización desas persoas, comprobando posteriormente os resultados obtidos. Paralelamente desenvolverase unha investigación acerca das causas e consecuencias do NTU para, posteriormente, elaborar un documento que incorpore recomendacións sobre políticas para combater esta situación.

Para a implantación deste programa dende novembro de 2022, EAPN Galicia busca unha persoa para desenvolver a coordinación territorial do proxecto e dúas persoas técnicas que realizarán o traballo de campo. Todas elas reforzarán o proceso de incidencia política sobre o sistema galego de ingresos mínimos. Achéganse máis abaixo a convocatoria de ambos perfís.

As persoas interesadas, que deberán asegurar o seu coñecemento e/ou experiencia na solicitude de Ingreso Mínimo Vital ou RISGA, poderán presentar as súas candidaturas achegando o seu CV actualizado e unha carta de motivación e experiencia que inclúa 2/3 propostas xustificadas para a mellora do sistema de rendas mínimas en Galicia (IMV e RISGA) a info@eapn-galicia.com, co asunto “Selección Coordinación IMV + NOME E APELIDOS” ou ben “Selección Técnica IMV + NOME E APELIDOS“.

O prazo de presentación remata o próximo día 13 de outubro de 2022 (incluído).

Detalle perfil, condicións e funcións – Posto coordinación

Detalle perfil, condicións e funcións – Posto técnica

Similar articles

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies