Persoas, non zombies! Estratexias integrais para persoas sen fogar

0 626
Comparte!
Participamos nas VII Xornadas de persoas sen fogar organizadas pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, dando a coñecer a realidade das persoas en pobreza ou exclusión severa e as propostas de mellora da súa situación.

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, en colaboración coa área de Servizos Sociais do Concello da Coruña organizaron as VII Xornadas sobre persoas sen fogar. Coa participación de Cristina Brihuega Hernández e Maite Arroyo Veros de PRISEMI , parte do equipo do programa radiofónico Radioactiva de Padre Rubinos e Xosé Cuns, director de EAPN Galicia

Persoas,non zombies! Compromiso, coordinación e loitar contra as causas da pobreza

Coa reclamación das persoas sen teito que participaron no Encontro de Participación 2015 de EAPN España presentáronse os datos que reflicten a situación de emerxencia social en España ante o aumento da desigualdade e a pobreza e exclusión. Tamén en Galicia donde un 5,5€ da poboación (151.000 persoas) estaba en 2015 en situación de carencia material severa.

Reclamar un maior compromiso político en orzamentos e planificación a longo prazo, unha imprescindible coordinación institucional e coas organizacións do Terceiro Sector de Acción Social, e unha loita contra as causas da pobreza e pola inclusión activa e o respecto das persoas, moi lonxe das medidas asistencialistas de emerxencia entendidas como un fin en si mesmo, son tamén imprescindibles para asegurar que as 3.687 persoas sen teito que malviven en Galicia (INE 2012) vexan respectado o seu dereito constitucional a unha vida digna.

Presentáronse tamén as claves e obxectivos da Estrategia nacional integral de Personas sin hogar 2015-2020, así como as medidas que neste eido contempla a Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020. E finalmente as demandas e retos que dende EAPN Galicia e as súas entidades membro especializadas no traballo polas persoas sen teito

Dende EAPN Galicia tamén quixemos por en valor o compromiso das persoas que traballan no eido social loitando por asegurar un fogar a cada persoa e procurando que as persoas que se atopan ou se atoparon nesta situación sexan tidas en conta a hora de redactar lexislación ou estratexias que lles afectan.

Presentadores e colaboradoras de Radiactiva

Presentadores e colaboradoras de Radiactiva

Non hai maior inxustiza social que maltratar as persoas que non teñen esperanza

Nunha segunda intervención, dende o albergue de acollida Padre Rubinos , realizaron o programa Radioactiva no cal participan persoas que como Edel, autor da frase, coñecen de primeira man o que é non ter fogar.
No programa debatéronse diversas cuestións como o tratamento que algúns medios de comunicación dan das persoas sen fogar. Neste senso lembramos a necesidade de seguir as pautas recollidas no Código de conduta e boas prácticas na comunicación da pobreza e a exclusión social para non caer na venda da desgraza como espectáculo.

Non debemos ser voceiros, senon altofalantes das persoas sen fogar

Por outra banda, as dúas representantes de PRISEMI, programa que traballa con persoas sen fogar con trastornos mentais crónicos na Comunidade de Madrid, expuxeron os seus métodos de intervención e resultado do programa que levan a cabo, a través do cal se ofrecen vivenda supervisadas as persoas que se atopan nesta situación.
Se queres ter máis información sobre a nosa intervención, pincha nesta ligazón:

Present Persoas non zombies UDC 210416

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies