Presentación do libro Silencio Administrativo: así desespera a burocracia ás persoas en pobreza
— 12 Febreiro, 2020
658
O 19 de febreiro as 20, no marco do Día Mundial da Xustiza Social, diálogo con Sara Mesa, autora do ensaio Silencio Administrativo. Librería Os mundos de Carlota en Santiago de Compostela
O 20 de febreiro, Día da Xustiza Social, celébrase na EGAP a Xornada Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación dende Administracións Públicas. Aproveitando que entre as poñentes estará Sara Mesa, non quixemos deixar pasar a oportunidade de organizar o día anterior unha presentación do seu ensaio ‘Silencio Administrativo‘.
Trátase dunha historia real que narra o labirinto burocrático que ten que percorrer unha muller con discapacidade e en situación de senfogarismo para solicitar a renda mínima á que ten dereito. Póñense por escrito o conxunto de trabas e obstáculos dun sistema intrincado que o que fai é culpabilizar ás persoas dunha situación da que non son culpables.
O mércores 19 de febreiro, a partir das 20.00, na librería Os mundos de Carlota, teremos a opotunidade de conversar con Sara sobre como foi o descubrimento desta realidade tantas veces invisibilizada, chea de prexuízos e de aporofobia.
Agardámosvos!
Fai un comentario