Queres traballar en EAPN Galicia? Buscamos titulado/a en Dereito

0 999
Comparte!
Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta

EAPN Galicia busca unha persoa titulada en Dereito, para formar parte da entidade durante 12 meses, exercendo funcións de reforzo e fomento da participación, inclusión sociolaboral, traballo en rede, análise de normativa e documentación xurídica e formación de persoas en pobreza, exclusión social e discapacidade.

As persoas interesadas poden enviar a súa candidatura ao enderezo electrónico info@eapn-galicia.com, ata o 23 de novembro de 2022 ás 12.00 am, co asunto “Selección Coopera EAPN + NOME E APELIDOS”, adxuntando Currículo Vitae actualizado e unha carta de motivación que inclúa 3 propostas xustificadas de melloras da normativa de aplicación no eido da política social que fomente a loita contra a pobreza en Galicia (máximo 2 páxinas).

A persoa seleccionada estará adscrita ao Convenio de Acción e Intervención Social.

O proceso de selección está aberto e a contratación é dependente da Subvención para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro da Consellería de Emprego da Xunta de Galicia.

Absterse candidatos/as que:

(i) Non sexan unha persoa desempregada inscrita no SPEG como demandante non ocupada e que estea dispoñible para o emprego na data de selección e contratación.

(ii) Estiveran contratadas por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas concedidas polas ordes da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 2 de maio de 2018 (DOG nº 92, do 15 de maio), do 9 de maio de 2019 (DOG nº 98, do 24 de maio), do 12 de setembro de 2019 (DOG nº 184, do 27 de setembro), do 31 de xullo de 2020 (DOG nº 162, do 13 de agosto) e do 3 de agosto de 2021 (DOG núm. 159, do 19 de agosto), no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas.

Detalle perfil, condicións e funcións

Tagged with: ,

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies