Queres traballar en EAPN Galicia? Buscamos Traballador/a Social
— 2 Decembro, 2021
1982
Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta.
EAPN Galicia busca unha persoa titulada en Traballo Social, para formar parte da entidade durante 12 meses, exercendo funcións de reforzo e fomento da participación, inclusión sociolaboral, traballo en rede, análise de normativa e documentación xurídica e formación de persoas en pobreza, exclusión social e discapacidade.
As persoas interesadas poden enviar ao enderezo electrónico info@eapn-galicia.com, ata o 10 de decembro de 2021 (incluído), co asunto “Selección traballo social + NOME E APELIDOS”, o seu CV actualizado e unha carta de motivación, que inclúa 4 propostas xustificadas para a mellora das políticas de loita contra a pobreza e a exclusión social en Galicia (máximo 2 páxinas).
O detalle das funcións e o perfil buscado pódese consultar aquí. O proceso de selección está aberto, e a contratación está condicionada á concesión da Subvención para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro da Consellería de Emprego da Xunta de Galicia.
Absterse candidatos/as que:
(i) Non sexan unha persoa desempregada inscrita no SPEG como demandante non ocupada e que estea dispoñible para o emprego na data de selección e contratación.
(ii) Estiveran contratadas por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas concedidas polas ordes da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 2 de maio de 2018 (DOG nº 92, do 15 de maio), do 9 de maio de 2019 (DOG nº 98, do 24 de maio), do 12 de setembro de 2019 (DOG nº 184, do 27 de setembro) e do 31 de xullo de 2020 (DOG nº 162, do 13 de agosto), no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas.
Fai un comentario