Seminario online: Que servizos ofrece a Banca Ética ás entidades do Terceiro Sector?

0 491
Comparte!
Un seminario de interese para calquera organización de acción social, cooperación, medioambiental ou cultural. con interese en coñecer os servizos e produtos da Banca Etica FIARE para a xestión da operatividade cotiá, a captación de fondos, a xestión da tesoureiría ou ferramentas de financiamento e crédito.
28 de setembro de 10:00H a 11:15h por Zoom.

O xoves 28 de setembro, de 10:00h a 11:15h, terá lugar o seminario práctico on line ‘Servizos para entidades do Terceiro Sector’ que será impartido por membros de Fiare Banca Ética, mediante Zoom.

O obxectivo é, cun enfoque práctico, crear un espazo no que facilitar información e solucións ás entidades non lucrativas interesadas sobre os servizos que ofrece Fiare Banca Ética para a xestión da operatividade cotiá, a captación de fondos, a xestión da tesoureiría ou ferramentas de financiamento e crédito.

  • Contas correntes para organizacións
  • Servizos relacionados coa conta: tarxeta, banca por Internet, domiciliación de gastos, cobros e pagamentos
  • Tarxetas: débito, crédito e prepagamento
  • Produtos de aforro: a diversos prazos
  • Financiamento a organizacións e empresas sociais
  • Empréstitos persoais
  • Fondos éticos
  • APP

O programa do seminario é o seguinte:

10.00h. Apertura e presentación EAPN Galicia

10.05h. Información sobre os servizos que ofrece Fiare Banca Ética ás entidades do Terceiro Sector

10.40h. Preguntas

11:15h. Fin evento

Este evento está incluído dentro da campaña contra a exclusión financieira, que comezou no 2021 e na que se levaron a cabo accións de incidencia política contra a exclusión e a aporofobia bancarias por parte de EAPN Galicia contando coas entidades membro e outros actores sociais. Nesta liña, este seminario pretende mostrar a existencia de boas prácticas no sector bancario que persegue un modelo de desenvolvemento humano e sostible.

INSCRICIONS no seguinte formulario. Antes do mércores 27 de setembro (14:00h)

FORMULARIO DE INSCRICIÓNS E PREGUNTAS

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies