UNHA DE CADA CINCO PERSOAS EN ESPAÑA VIVE BAIXO O LIMIAR DA POBREZA, SEGUNDO O ÚLTIMO INFORME DO INE PARA 2011
— 22 Xullo, 2014 Comentarios desactivados en UNHA DE CADA CINCO PERSOAS EN ESPAÑA VIVE BAIXO O LIMIAR DA POBREZA, SEGUNDO O ÚLTIMO INFORME DO INE PARA 2011 136O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou os datos da Enquisa de Condicións de Vida da poboación española para 2011. Segundo este informe, o 21,1% da poboación atópase por baixo do limiar de pobreza este ano, fronte ao 21,8% de 2011, un descenso de sete décimas que se explica polo efecto da estabilidade dos ingresos dos maiores de 65 anos, a pesar da redución dos percibidos polo resto da poboación.
Case o 36% dos parados atópase en risco de pobreza fronte a un 13,3% dos ocupados. Tamén hai unha notable diferenza entre poboación estranxeira e española, un 43,5% dos estranxeiros fronte a un 19,8% dos españois. O 40% non ten capacidade para afrontar gastos imprevistos. Son catro puntos máis que o ano anterior. Sitúase no 44% o número de familias que non pode ir de vacacións e aumentan até o 7% os fogares que teñen atrasos para pagar as facturas. O nivel medio de ingresos descende un 1,9% respecto de 2011, situándose o nivel de 2006.
O Coeficiente Gini que se emprega para medir a desigualdade, sitúase no 34%, subindo catro puntos dende o inicio da crise en 2008.
Galicia (18,8%) atópase tres puntos por baixo da media estatal, aínda que moi afastada de Asturias (9,9%) ou Navarra (8.8%) que son as que teñen menor índice de pobreza. É notable o aumento da taxa de risco de pobreza en Galicia en comparación co ano anterior (2010: 16,8%).
Un dato de especial gravidade é que máis do 60% da poboación en Galicia ten xa dificultades (moitas dificultades, certas ou dificultades) para chegar a fin de mes.
Por último sinalar que o INE calcula o limiar de pobreza nuns ingresos medios anuais determinados. Para calculalo séguense as indicacións da oficina europea Eurostat que sitúa o limiar no 60% do consumo medio. Por tanto, o limiar sobe ou baixa segundo aumente a media de ingresos, se a economía marcha ben e os ingresos medios son elevados, tamén se eleva o limiar de pobreza. Este ano as persoas que viven na pobreza son “aínda máis pobres” que o ano anterior.
NOTA DE PRENSA DO INE: pulsa aquí (http://www.ine.es/prensa/np740.pdf)