“Unha ollada ao futuro” Obradoiro sobre emprego e mocidade
— 28 Abril, 2016
473
Se tes menos de 30 anos xa te podes inscribir no Obradoiro sobre recursos e política sociais dirixidas a mellorala empregabilidade da mocidade.
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2016
Na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago
O taller está dirixido a persoas menores de trinta anos que queiran coñecer máis sobre os recursos enfocados á inserción laboral e poder aportar a súa visión en relación ás políticas de emprego dirixidas a mocidade.
No mesmo tamén analizaremos a situación da mocidade en Galicia, a través da presentación do informe “Resultados finais da consulta online Mocidade: motor de transformación social en Galicia 2016”, elaborado por Noelia Blanco, integrante do noso Grupo de Participación de mocidade.
O proceso de inscrición (de balde) xa está aberto. Dado que as prazas son limitadas, é importante que o fagas o antes posible neste enlace
Este obradoiro é unha actividade enmarcada no #JovEU , programa europeo Erasmus+ que promove a Unión Europea a través do Instituto da Xuventude de España – INJUVE liderado dende EAPN España.
PROGRAMA (Ver detalle: Programa Unha ollada ao futuro)
16:00h Presentación do obradoiro
16.15h Presentación do proxecto JovEU.
16:30h Situación da xuventude galega. Noelia Blanco Guerra. Traballadora social e Coordinadora do Grupo de Participación de Mocidade de EAPN Galicia.
17:00h Xuventude e emprego: recursos para moz@s:
• A garantía Xuvenil e o FP Dual. Xosé Alberte Cea. Orientador laboral do Concello de Vigo.
• Becas e axudas para mocidade. Conchi Cuña. Informadora xuvenil e educadora social.
18:15h-20:00h Grupos de Traballo. Propostas da mocidade para mellorar a súa empregabilidade.
Fai un comentario