A cuarta parte da poboación galega vivía en 2016 en risco de pobreza

0 200

O informe “O estado da pobreza en Galicia 2017” revela que case 700.000 persoas se atopan nesta situación.

Pese a que se aprecia unha leve melloría nas cifras, máis do 4% dos galegos viven en situación de pobreza severa.

Mulleres, mocidade e infancia, familias monoparentais e maiores de 65 anos son os colectivos máis fráxiles e aos que menos chega a saída da crise.


Taxa AROPE por CCAA 2016

A cuarta parte da poboación galega, preto de 700.000 persoas, atopábanse en 2016 en risco de pobreza e/ou exclusión social. Esta é a conclusión máis rechamante do sétimo informe O estado da pobreza en Galicia, feito público hoxe pola Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN-Galicia). O traballo mostra tamén que pese a que o número de persoas pobres descende minimamente na Comunidade, os que quedan viven cada vez peor.

O informe recolle datos de Eurostat, Instituto Nacional de Estatística e Instituto Galego de Estatística, ademáis de cifras do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Segundo o traballo, en 2016 había 690.505 persoas en risco de pobreza ou exclusión, o 25,4% da poboación galega. Isto supón unha mínima redución de 0,3 puntos con respecto ao 2015.

A taxa máis alta dáse en Galicia entre os máis novos: o 34% dos mozos e mozas entre 16 e 28 anos atópanse en risco de pobreza, unha cifra moi alta, pese a que se reduciu en 3,8 puntos. A situación das familias monoparentais tamén é grave e esixe unha intervención inmediata dos poderes públicos: ata un 53,3 por cento destes fogares atópanse por debaixo da marxe do risco de pobreza e exclusión social, cun aumento de máis de tres puntos con respecto a 2015.

Gráfico AROPE- tramos de idade

Pobreza e pobreza severa

O principal componente do indicador de risco de pobreza e/ou exclusión (AROPE nas súas siglas inglesas) e a taxa de pobreza. No 2016 supuxo ingresar menos de 8,202€ ao ano (684€/mes) nun fogar dunha soa persoa. O 19% da poboación galega estaba nesta situación no 2016, fronte ao 19,4% no 2015

A fraxilidade da leve melloría na loita contra a pobreza, percíbese en que ata un 4% dos galegos (108.741 persoas) viviron en 2016 en situación de pobreza severa, isto é, con ingresos inferiores aos 4.104€ ao ano (342€/mes). Mais de 23.000 persoas conseguiron sair da pobreza severa entre 2015 e 2016 pero sen que iso implique sair da pobreza.

Este informe forma parte do estudio EL ESTADO DE LA POBREZA 2017, presentado hoxe por EAPN España co obxectivo de realizar un seguimento exhaustivo do indicador de risco de pobreza e exclusión social en España. Neste informe mostra claramente que a saída da crise non está chegando a todos por igual. A fenda entre os ingresos dunha persoa pobre e o limiar da pobreza medrou, e que o emprego segue sen chegar aos fogares con baixa intensidade de traballo.

Taxa AROPE Galicia 2008-2016

Principais titulares en Galicia

  • No ano 2016, un total de 690.505 persoas, que supoñen o 25,4 % da poboación residente en Galicia estaba en Risco de Pobreza e/ou Exclusión Social (AROPE nas siglas en inglés). Prodúcese un descenso moi leve da taxa AROPE, que pasa do 25,7% ao 25,4%. A recuperación económica non está chegando de xeito decidido as persoas máis vulnerables.
  • Aínda que a crise golpeou con maior intensidade á poboación masculina a recuperación económica está a perxudicar especialmente á muller, voltando ás taxas AROPE tradicionalmente superiores á masculina. Non na redución das taxas de pobreza, senón en apartados como a brecha de pobreza ou especialmente no crecemento da Baixa Intensidade laboral no fogar, froito da maior precariedade no emprego.
  • A taxa AROPE diminúe en tódolos tramos de idade, exceptuando o tramo de 30 a 44 anos que pasa do 22,4% no 2015 ao 25,6% no 2016 e a poboación maior de 65 anos (incrementa nun 0,1).
  • No 2016, un 19% da poboación galega estaba en situación de pobreza (516.000 persoas), con ingresos mensuais inferiores a 684€/mes. Apenas 4 décimas menos que no 2015 pero 1,9 puntos menos dende 2008.
  • 108.000 galegas e galegos viven en pobreza severa, con ingresos inferiores a 4.104€ ao ano (342€/mes). Ainda que son 23.000 menos que no 2015 (a taxa pasa do 4,8% ao 4%) estas persoas non conseguiron saír da pobreza, polo que a súa mellora de calidade de vida é moi feble.
  • A taxa máis alta se da na nosa mocidade entre 16 e 29 anos, en idade de incorporación ao mercado laboral. Aínda que se produciu unha baixada na cifra de 3,8 puntos porcentuais, segue sendo do 34%.
  • E moi preocupante o aumento da taxa AROPE nos fogares monoparentais (un 80% encabezados por unha muller). Un 53,3% no 2016 fronte a un 50,1% no ano anterior no conxunto do estado.
  • Aumenta a fraxilidade das persoas maiores de 65 anos. O 62,7% das pensións que se distribúen en Galicia teñen un importe inferior ao limiar da pobreza. Delas, 123.000 (o 16,3% do total de pensións) teñen un importe por debaixo do limiar de pobreza severa. Nas de viudedade, percibidas maioritariamente por mulleres, as porcentaxes son do 80,7% e 30,2%.
  • Mantense a porcentaxe da poboación con Carencia Material Severa, que chega ao 4,1% (4,2% no 2015), o que supón 111.460 persoas. A porcentaxe de poboación sen capacidade para afrontar gastos imprevistos pasou do 27,4% ao 28,9% do total.
  • O emprego non chega as persoas mais vulnerables. No ano 2016, o 13,6% das persoas de 0 a 59 años vivían en fogares con baixa intensidade de traballo. Esta cifra supón unha mínima diminución de 0.2 puntos con respecto ao 2015. Esta leve melloría no dato conxunto so se pode aplicar á poboación masculina, cuxa taxa BITH diminúe do 14,5% ao 12,7% entre 2015 e 2016. A taxa feminina, polo contrario aumenta do 13,1% ao 14,5% no mesmo período.
  • A brecha da pobreza que mide a distancia que existe entre os ingresos dunha persoa pobre e o limiar da pobreza indícanos que, certamente, hai menos persoas pobres, pero as que quedan están peor.

CARTEL VII FORO POBREZA EAPN BajaINFORMACIÓN AMPLIADA: O ESTADO DA POBREZA EN GALICIA 2017

O informe presentarase tamén no marco do VII Foro de Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado, o vindeiro 24 de outubro na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago.

Ficha resume: O que debes saber sobre a pobreza en Galicia

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

CAPTCHA Image

(obrigatorio)

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR