Ambición, compromisos medibles e coordinación entre Xunta, concellos e deputacións e as organizacións de acción social na nova Axenda Social

0 144
Comparte!
Ponse en marcha a renovación da Axenda Social Única de Galicia impulsada polos tres piares do sistema público galego de servizos sociais: Xunta, FEGAMP e o Terceiro Sector de Acción Social con enfoque de defensa de dereitos representado por EAPN Galicia.
A nova Axenda debe cumprir o mandato parlamentario de concretarse en indicadores claros en cada unha das áreas: pobreza infantil, emprego, vivenda, dependencia e inclusión social, de acordo cos obxectivos da Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable.

A renovación da Axenda Social Unica de Galicia púxose en marcha nunha xuntanza celebrada o pasado 15 de xaneiro no Consello Económico e Social (CES), en Santiago, presidido pola responsable autonómica de Política Social, Fabiola García, e ao que asistiron o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela e a presidenta e vicepresidente de EAPN Galicia, Eloina Ingerto e Daniel Bóveda, xunto a representantes da Xunta de Galicia e de diversas entidades sociais.

Dende EAPN Galicia felicitámonos pola renovación da Axenda Social, un fito no que por primeira vez no 2016 se sentaron nunha mesma mesa e cunha axenda compartida os tres piares do sistema público galego de servizos sociais: Xunta, concellos e deputacións a través da FEGAMP e Terceiro Sector de Acción Social con enfoque de defensa de dereitos representado por EAPN Galicia

Temos o mandato da Resolución Parlamentaria aprobada polo 80% dos votos no debate de Política Xeral 2019: “O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a traballar xunto coas entidades sociais e a Federación Galega de Municipios e Provincias para acadar un consenso que leve á actualización e ampliación da Axenda Social Única durante o primeiro semestre de 2020, de tal maneira que se concreten indicadores claros en cada unha das áreas: pobreza infantil, emprego, vivenda, dependencia e inclusión social, de acordo cos obxectivos da Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable”.

A resolución xa recolle algúns dos principios xerais que dende EAPN Galicia tentaremos manter ou potenciar:

  • Apoio multipartidista que evite calquera sospeita electoralista e que comprometa a este goberno e ao que saia das vindeiras elecións. A duración ata o 2023 da nova Axenda é unha garantía.
  • Concentración nas 4c que resumen as nosas demandas: Compromiso, Coordinación, Causas e Dialogo Civil.
  • E moi positivo que o traballo se siga a prantexar sobre problemáticas e areas que beneficien a todas as persoas en situación ou risgo de pobreza ou exclusión, con reforzos específicos ante situacións de multiexclusión.
  • Compromisos medibles para cada administración implicada: Xunta de Galicia e concellos e deputacións a través de FEGAMP, da que cremos imprescindible a súa implicación política e técnica.
Redución da burocracia e Transparencia.

Cremos que é imprescindible manter dúas claves transversais e medidas asociadas ás mesmas no conxunto da Axenda e nas súas areas: Redución drástica da burocracia e transparencia tanto no seguimento das medidas da Axenda como nos indicadores de eficacia das administracións implicadas. De xeito semellante ao que existiu no Plan Estratéxico da Xunta de Galicia 2014-2020 ou como o que está previsto no Plan 2023-2030.

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies